Miranda reúnese co novo cónsul xeral de España en Río de Xaneiro para reforzar a colaboración en favor da colectividade galega

Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión institucional co novo cónsul xeral de España en Río de Xaneiro, Fernando Fernández-Arias Minuesa.

Durante o encontro, abordouse a situación actual da comunidade española no país, con especial atención á colectividade galega.

Miranda reúnese co novo cónsul xeral de España en Río de Xaneiro para reforzar a colaboración en favor da colectividade galega.
Miranda reúnese co novo cónsul xeral de España en Río de Xaneiro para reforzar a colaboración en favor da colectividade galega.
Listen to this page using ReadSpeaker
Río de Xaneiro (Brasil), 27 de febreiro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión institucional co novo cónsul xeral de España en Río de Xaneiro, Fernando Fernández-Arias Minuesa, co obxectivo de fortalecer a coordinación entre a Xunta de Galicia e o Consulado Xeral en beneficio da colectividade galega residente no Brasil.

Durante o encontro, abordouse a situación actual da comunidade española no país, con especial atención á colectividade galega, unha das máis numerosas e historicamente arraigadas no Brasil. Ambos responsables coincidiron na importancia de manter unha comunicación fluída e unha cooperación constante para dar resposta ás necesidades da cidadanía no exterior.

Na reunión analizáronse posibles liñas de colaboración para mellorar os servizos de atención á comunidade, así como mecanismos de coordinación que permitan ofrecer unha resposta máis eficaz ás demandas da diáspora galega, especialmente no ámbito social e administrativo.

Rodríguez Miranda trasladou ao novo cónsul xeral as principais liñas de actuación da Secretaría Xeral da Emigración, facendo fincapé nos programas de apoio social, nas iniciativas culturais e nas medidas da Estratexia Galicia Retorna destinadas a facilitar o regreso e a integración das persoas galegas que desexen volver á súa terra.

O secretario xeral salientou que “a cooperación institucional é esencial para garantir que os galegos residentes no Brasil conten cunha atención próxima, eficaz e coordinada”, e expresou a vontade da Xunta de seguir traballando conxuntamente co Consulado Xeral nesta nova etapa.

545 lecturas