Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta

O secretario xeral da Emigración visitará por primeira vez Curitiba (Paraná) e São José do Rio Preto (São Paulo), ademais de manter encontros tamén en Salvador de Bahía.

  • Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta
    Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta
  • Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta
    Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta
  • Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta
    Miranda inicia unha nova viaxe que o levará a visitar tres estados do Brasil para reencontrarse coa colectividade galega e promover os programas de retorno da Xunta
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 5 de novembro de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, inicia mañá unha nova viaxe institucional a Brasil, un país cunha destacada presenza galega e cunha intensa actividade. O obxectivo desta visita é seguir fortalecendo os lazos coa colectividade e dar a coñecer as distintas iniciativas que a Xunta de Galicia pon a disposición dos galegos do exterior, especialmente as dirixidas a facilitar o retorno e a integración na sociedade galega.

Durante esta estadía, Miranda desprazarase o xoves ata Curitiba, cidade que visita por primeira vez, onde ofrecerá unha sesión informativa sobre os programas de apoio ao retorno. O venres estará tamén por primeira vez en San José de Río Preto, onde manterá encontros coa colectividade e con autoridades locais, e o sábado e domingo desenvolverá diversas actividades en Salvador de Bahía, un dos principais focos da emigración galega no Brasil, con longa tradición e intensa vida cultural.

A axenda inclúe tanto encontros informativas coa comunidade galega coma reunións institucionais, co fin de coñecer de primeira man as súas necesidades e reforzar a colaboración entre as entidades galegas, as institucións locais e a Xunta. Miranda subliñou antes da súa saída que “é unha prioridade manter o contacto directo coa nosa colectividade en América e seguir ofrecendo novas oportunidades para quen desexe voltar e construír o seu futuro en Galicia”.

367 lecturas