Listados de persoas beneficiarias, suplentes e solicitudes excluídas - Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
599 lecturas
Listas para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

De conformidade co artigo 11 da Resolución do 26 de decembro de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan 250 bolsas excelencia mocidade exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2025/26 nunha universidade galega, procédese á publicación da RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) (DOG n.º 171 do 5 de setembro de 2025):

Enlace DOG

  1. Lista de persoas beneficiarias das bolsas e que se relacionan no Anexo I da Resolución do 27  de agosto de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración | Descargar
  2. Lista de persoas suplentes das bolsas que acreditaron estar matriculadas nun máster e non foron adxudicatarias da bolsa, ordenadas segundo a puntuación outorgada, para cubrir as renuncias ou baixas que puideran producirse dalgunha persoa adxudicataria da bolsa, e que constan no Anexo II da Resolución do 27 de agosto de 2025 | Descargar
  3. Lista de solicitudes denegadas xa que non reúnen os requisitos establecidos para poder participar nesta convocatoria ou desistiron da súa solicitude, sinalando en cada caso o motivo de denegación, e que constan no Anexo III da Resolución do 27 de agosto de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración | Descargar

Contra a Resolución do 27 de agosto de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria das bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME) cabe interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a ditou no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, de acordo co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Data de publicación: 
05.09.2025
Data fin de prazo: 
05.09.2025