A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, puxo en valor o papel da emigración na construción da identidade galega, así como o compromiso desta entidade na preservación e proxección da cultura en terras americanas.

  • A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
    A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
  • A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
    A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
  • A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
    A Xunta celebra o Día do Emigrante no Carballiño recoñecendo o labor do Centro Galego de México polo seu labor de preservación cultural e social
Listen to this page using ReadSpeaker
O Carballiño (Ourense), 24 de xullo de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado polo alcalde en funcións do Carballiño, José Castro, e polo concelleiro de Turismo, Manuel Dacal, participou hoxe no acto de celebración do Día do Emigrante no concello do Carballiño, unha iniciativa enmarcada na programación da Festa do Pulpo e que serve coma homenaxe a un colectivo fundamental no desenvolvemento da nosa terra.

Durante a xornada, e antes do inicio do concerto da artista Lucía Pérez incluído no evento, Rodríguez Miranda fixo entrega dunha placa conmemorativa ao presidente do Centro Galego de México, Alfonso Martínez Lorenzo, en recoñecemento ao labor desta entidade centenaria, fundada inicialmente como Orfeón Galego en 1911, e que conta na actualidade con preto de 1.700 socios e socias, todos de orixe galega ou descendentes.

O secretario xeral puxo en valor o papel fundamental que xogou e segue a xogar a emigración na construción da identidade galega, así como o compromiso do Centro Galego de México na preservación e proxección da cultura propia en terras americanas.

404 lecturas