A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración asistiu xunto co secretario xeral da Emigración á romaría, Jira Campestre, organizada por esta entidade para difundir a riqueza cultural de Galicia e que promove entre as novas xeracións a súa conservación.

Destacou o compromiso do Goberno galego con estas entidades a través de axudas ao seu funcionamento e ao desenvolvemento de actividades para seguir fortalecendo a relación da diáspora coa comunidade galega.

Con esta cita, José González culmina esta visita institucional a México, que incluíu visitas a entidades que agrupan as galegas e galegos no exterior, encontros cos seus representantes e empresarios galegos, así como co embaixador de España en México.

  • A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
    A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
  • A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
    A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
  • A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
    A Xunta salienta o labor referente do Centro Galego de México e a aposta común por difundir entre a mocidade do exterior a identidade de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Cidade de México (México), 2 de maio de 2025.

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiu á romaría Jira Campestre, organizada polo Centro Galego de México, onde salientou o firme compromiso da Xunta coa colectividade do exterior para garantir a preservación da orixe e da identidade galegas no mundo.

Alí tamén puxo de relevo esta celebración como escaparate da riqueza cultural e folclórica de Galicia e tamén como momento de reencontro interxeracional que convida as novas xeracións a manter o legado cultural e a fortalecer os lazos coa comunidade galega. Ademais, José González salientou a función esencial do Centro Galego de México como servizo social e de acompañamento e trasladou o apoio da Xunta aos centros do exterior coma este a prol da difusión e conservación da cultura e tradicións de Galicia para seguir fortalecendo a relación da diáspora coa comunidade.  

Nesta liña, referiuse ás axudas autonómicas ao funcionamento e ao desenvolvemento de actividades sociais e culturais por parte destes centros. Ademais, destacou a colaboración do Executivo galego con estas entidades para reforzar a promoción da artesanía e dos produtos galegos no exterior.

O Centro Gallego de México.

O Centro Galego de México Asociación Civil comezou a súa andadura en 1911 para manter os lazos coa súa terra converténdose en referente das asociacións españolas presentes no país azteca, onde segundo datos do INE residen máis de 15.500 galegos.

Con este evento, o titular de Emprego, Comercio e Emigración culmina esta visita institucional a México, que incluíu unha axenda de visitas a entidades que agrupan as galegas e galegos no exterior e de encontros cos seus representantes e empresarios galegos, así como co embaixador de España en México, Juan Duarte Cuadrado, e outros representantes da embaixada.

390 lecturas