Miranda: “A coordinación cos centros galegos en Venezuela é clave para seguir apoiando á nosa colectividade neste país”

A Xunta de Galicia destina máis de 325.000 euros en 2025 ás entidades galegas de Venezuela para reforzar o seu labor cultural, asistencial e comunitario.

  • Miranda: “A coordinación cos centros galegos en Venezuela é clave para seguir apoiando á nosa colectividade neste país”
    Miranda: “A coordinación cos centros galegos en Venezuela é clave para seguir apoiando á nosa colectividade neste país”
  • Miranda: “A coordinación cos centros galegos en Venezuela é clave para seguir apoiando á nosa colectividade neste país”
    Miranda: “A coordinación cos centros galegos en Venezuela é clave para seguir apoiando á nosa colectividade neste país”
Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 29 de xuño de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro cos presidentes dos centros galegos de Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela, Centro Gallego Puerto La Cruz, Centro Gallego Maracaibo, Hermandad Gallega de Valencia e Asociación Fillos de Galicia de Aragua, no marco da súa visita institucional a Venezuela. Durante a reunión, analizáronse as principais necesidades da colectividade galega nestas rexións e avaliáronse novas vías de colaboración co obxectivo de reforzar os vínculos coa Galicia territorial e mellorar a atención aos galegos residentes no país.

Miranda destacou o importante papel que desenvolven estes centros como espazos de cohesión e preservación da identidade galega, e agradeceu o labor das súas directivas para manter viva a cultura e o apoio mutuo nun contexto socioeconómico complexo. O secretario xeral trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de seguir apoiando o traballo das entidades galegas en Venezuela, especialmente a través dos programas sociais e culturais incluídos na Estratexia Galicia Retorna.

Este compromiso materialízase tamén a través do apoio económico directo da Xunta de Galicia: só neste ano 2025, os centros galegos de Venezuela recibiron subvencións por un importe total superior aos 300.000 euros, destinadas a actividades culturais, mantemento das instalacións e accións a prol da colectividade galega no país.

Neste marco de apoio global, a Xunta de Galicia destinará tamén máis de 325.000 euros en 2025 a través de convenios asinados coas entidades galegas de Venezuela, co obxectivo de seguir reforzando o seu labor cultural, asistencial e comunitario.
 

347 lecturas