Miranda: “É imprescindible apoiar entidades como a Sociedade Española de Beneficencia, que manteñen viva a cultura da nosa emigración”

  • Miranda: “É imprescindible apoiar entidades como a Sociedade Española de Beneficencia, que manteñen viva a cultura da nosa emigración”

Listen to this page using ReadSpeaker
Panamá, 27 de xuño de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro coa colectividade galega na Sociedade Española de Beneficencia de Panamá, no marco da súa visita institucional ao país centroamericano. Durante a reunión, Miranda interesouse polo labor que desenvolve esta entidade centenaria na dinamización cultural, recreativa e comunitaria da emigración española e galega, así como polo papel que xoga como espazo de encontro e preservación das raíces.

A Sociedade Española de Beneficencia, con máis de cen anos de historia, é unha das institucións de referencia para a colectividade en Panamá, ofrecendo actividades culturais, recreativas e de socialización que permiten manter vivos os lazos coa terra de orixe. Miranda agradeceu o compromiso do seu equipo directivo coa posta en valor do legado emigrante e co fortalecemento da identidade galega, sinalando que entidades coma esta “son fundamentais para seguir proxectando Galicia no exterior”. O secretario xeral expresou, ademais, a vontade da Xunta de Galicia de seguir colaborando con institucións que, como a Sociedade Española de Beneficencia, contribúen a que as galegas e galegos do exterior participen activamente na vida comunitaria e manteñan o vínculo emocional e cultural coa súa terra.

394 lecturas