Miranda: “As entidades galegas en Panamá son un selo esencial para manter viva a nosa cultura”
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión cos responsables da Asociación Hijos de La Chorrera en Panamá e do Centro Español de Agua Dulce, no marco da súa visita a este país centroamericano. Durante o encontro, abordáronse as necesidades actuais da colectividade galega na rexión e avaliáronse vías de colaboración para reforzar a atención, a promoción da cultura galega e o apoio aos galegos e galegas que residen nesta área.
Rodríguez Miranda destacou o compromiso da Xunta de Galicia coas entidades galegas de Panamá, que desempeñan un papel fundamental na preservación da identidade galega e no mantemento dos lazos coa terra de orixe. Así mesmo, subliñou a importancia de programas como a Estratexia Galicia Retorna para facilitar o regreso dos galegos do exterior que desexen volver á súa terra, ofrecendo información e apoio personalizado.
Novas relacionadas




