LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS / EXCLUIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025 (PR930C) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 7 DE ABRIL DE 2025
LISTAXES PROVISIONAIS DE SOLICITUDES ADMITIDAS E INADMITIDAS / EXCLUIDAS DO PROCEDEMENTO CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025 (PR930C) CONVOCADO POLA RESOLUCIÓN DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN DO 7 DE ABRIL DE 2025 (DOG NÚM. 78 DO 24 DE ABRIL).
En aplicación do disposto no artigo 12.2 da Resolución do 7 de abril de 2025 desta Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025, publícanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e inadmitidas / excluidas por país, indicando, se é o caso, a documentación que debe achegarse ou emendarse e a causa de exclusión co artigo correspondente da Resolución que se incumpriu.
Para facilitar a lectura, os solicitantes aparecen listados alfabeticamente. As listas pódense descargar facendo clic na caixa correspondente:
| PAÍS | LISTAXES | DATA DE PUBLICACIÓN | PRAZO PARA A MODIFICACIÓN DA SOLICITUDE |
|---|---|---|---|
| ARXENTINA | Descargar | 9 de xuño de 2025 | Ata o 23 de xuño de 2025 |
| BRASIL | Descargar | 9 de xuño de 2025 | Ata o 23 de xuño de 2025 |
| CUBA | Descargar | 9 de xuño de 2025 | Ata o 23 de xuño de 2025 |
| URUGUAI | Descargar | 9 de xuño de 2025 | Ata o 23 de xuño de 2025 |
| VENEZUELA | Descargar | 9 de xuño de 2025 | Ata o 23 de xuño de 2025 |
| RESTO DE AMÉRICA | Descargar | 9 de xuño de 2025 | Ata o 23 de xuño de 2025 |
A documentación presentada para completar a solicitude e as modificacións da mesma deberán presentarse preferentemente na mesma oficina da Delegación da Xunta de Galicia ou na entidade colaboradora do país de residencia onde se presentou a solicitude. Esta última será a encargada de remitila electronicamente á Secretaría Xeral de Emigración. Ou, se non existe tal oficina preto do lugar de residencia, ao rexistro xeral do Consulado Español máis próximo.



