Conecta co Voluntariado en Galicia 2025

Listen to this page using ReadSpeaker
1440 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 7 de abril de 2025, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas para a participación no programa Conecta co Voluntariado en Galicia, dirixido a mocidade de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas que residan no exterior, e procédese á súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento PR930C).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
24.04.2025
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:

O programa Conecta co Voluntariado en Galicia pretende facilitar aos participantes o enriquecemento persoal mediante a convivencia con outras mozas e mozos de diferentes procedencias, un maior coñecemento da realidade galega a través da  realización en traballos desinteresados de carácter ambiental ou cultural e outras actuacións complementarias. Ademais, proporciónase ás residentes no exterior a oportunidade de reforzar os lazos con Galicia e cos seus familiares.

Convócanse 50 prazas: 40 para mozos residentes no estranxeiro e 10 para residentes en Galicia.

O programa desenvolverase entre o 26 de agosto ao 6 de setembro de 2025. Os solicitantes optarán por un dos dous campos de traballo ofertados:

    a) CAMPO DE VOLUNTARIADO AMBIENTAL: Desenvolveranse tarefas de adecuación do espazo ambiental mariño e costeiro na ría de Arousa (provincia de Pontevedra)
    b) CAMPO DE VOLUNTARIADO CULTURAL: Desenvolveranse tarefas de apoio ao equipo de escavación e mantemento do castro de Viladonga , no concello de Castro de Rei (provincia de Lugo)

De todos os xeitos, tamén poderán manifestar o seu interese en participar na opción non elixida se non resultase adxudicataria dunha praza no campo proposto e quedase algunha vacante no outro.

Persoas beneficiarias:

Poderán optar a este programa a mocidade que cumpra os seguintes requisitos:

    a) Ter unha idade comprendida entre os 21 e 30 anos o día 20 de xullo do 2025
    b) Nacer en Galicia ou ser descendente de persoa emigrante galega residente no exterior
    c) Posuír a nacionalidade española
    d) Atoparse vinculadas con calquera concello galego no Padrón de Españois Residentes no Estranxeiro (PERE) cunha antigüidade mínima de 3 meses contados desde o día de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
    e) Carecer de discapacidades que lle impidan realizar a viaxe e participar con normalidade nas actividades do programa

Prazo de presentación de solicitudes:

Desde o 25 de abril ata o 26 de maio do 2025.

Lugar de presentación das solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, (https://sede.xunta.gal), por calquera dos mecanismos de identificación e firma admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), ou a través das seguintes entidades, que poderán presentalas por esa vía no seu nome, mediante a oportuna autorización:

  • En Brasil:
    • Peña Galega da Casa de España de Río de Janeiro
    • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instrución, en São Paulo
    • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficencia Rosalía de Castro, en Santos
    • Asociación Cultural Hispano galega Cabaleiros de Santiago, en Salvador de Baía
  • En Cuba: Federación de Sociedades Galegas, na Habana
  • En Venezuela: Irmandade Galega de Venezuela en Caracas
  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo

Tamén poderán presentar as solicitudes de xeito presencial nos Consulados de España e no resto de lugares e rexistros establecidos na lei reguladora do procedemento administrativo común.

Distribución inicial de prazas:

PAÍS DE RESIDENCIA VOLUNTARIADO AMBIENTAL
(Número de prazas)
VOLUNTARIADO CULTURAL
(Número de prazas)
Arxentina 5 5
Brasil 2 2
Cuba 2 2
Uurguai 2 2
Venezuela 2 2
Resto de América 4 4
Resto de Europa 3 3
Total 20 20

 

Documentación para consultar:

  • Texto completo da convocatoria no D.O.G.: Descargar
  • Extracto da convocatoria no D.O.G.: Descargar
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
26.05.2025