Listaxes definitivas de persoas beneficiarias e de reserva do CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA (PR930C 2025)

Listen to this page using ReadSpeaker
412 lecturas
Listaxes para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Para coñecemento xeral, publícanse as resolucións do titular da Secretaría Xeral da Emigración do 2 e 10 de xullo de 2025 pola que se pon fin ao procedemento de concesión de axudas para a participación no programa CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025, coa posibilidade de descargar a lista de persoas beneficiarias e en reserva de cada país.

Coas publicacións das resolucións e dos listados definitivos evítanse confusións entre as persoas interesadas, sen deixar de dar cumprimento ao disposto no artigo 12 da Resolución pola que se aproban as bases deste procedemento e se convoca para este ano, xa que no acordo do Secretario Xeral da Emigración do 02/07/2025, polo que se resolve dito proceso administrativo, están contidas as listas definitivas de persoas admitidas, excluídas e desistidas. En calquera caso, os listados de cada ámbito xeográfico foron remitidos tamén a todas as entidades que colaboran na xestión do programa para que, mediante a súa inserción nos taboleiros de anuncios ou como consideren oportuno, faciliten a súa consulta pública a todas as persoas interesadas.

A relación de persoas beneficiarias destas axudas, que teñen praza adxudicada, así como as que quedaron en lista de reserva, pódese descargar no cadro correspondente:

 

PAÍS LISTAXES PARA DESCARGAR
ARXENTINA Descargar
BRASIL Descargar
CUBA Descargar
URUGUAI Descargar
VENEZUELA Descargar
RESTO DE AMÉRICA Descargar

 

  • Nota: Listado de NON ADMITIDOS/AS e DESESTIMADOS/ASDescargar
  • Nota 2: RESOLUCIÓN DE ACEPTACIÓN DUNHA RENUNCIA E DE CONCESIÓN DE DÚAS AXUDAS PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA CONECTA CO VOLUNTARIADO EN GALICIA 2025 (PR930C) | Descargar
Data de publicación: 
10.07.2025