Miranda agradece a Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos e a Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo o seu compromiso e a labor de coidado e protección dos maiores galegos neste estado brasileño

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 16 de maio de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo unha reunión con Ana María Serrano Oltra, representante da Sociedade Beneficiente Rosalía de Castro de São Paulo, e con Casto Vieitez, presidente da Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficiente Rosalía de Castro de Santos. Durante o encontro, analizouse a situación actual da colectividade galega no Brasil, así como a labor que desenvolven ambas entidades no eido asistencial e cultural en apoio á diáspora galega.

En particular, destacouse o compromiso da Sociedade de Socorros Mútuos de Santos coa atención á terceira idade galega residente nesta cidade brasileira, así como a traxectoria da Sociedade de São Paulo como referente para os galegos na rexión. Miranda agradeceu o traballo das súas directivas e reiterou o apoio da Xunta de Galicia para garantir a continuidade das iniciativas que fortalecen os vínculos entre Galicia e a súa diáspora.

526 lecturas