Galicia esixe que o retorno se converta nunha política de Estado ante a soidade das CC.AA que, como Galicia, é líder, pioneira e ten un profundo compromiso neste ámbito

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no I Foro Retorno y Atracción del Talento en Asturias, onde puxo en valor a Estratexia Galicia Retorna como pioneira e referente a nivel nacional, con máis de 8.500 galegos retornados no ano 2023.

Miranda defendeu que a garantía da eficacia dunha estratexia de retorno debe basearse na integridade, na atención e no acompañamento ás persoas retornadas, así como na transversalidade da actuación dos poderes públicos.

Rodríguez Miranda reivindicou unha maior implicación do Goberno de España que permita aumentar a efectividade do traballo das comunidades autónomas e dos recursos públicos que xa están a utilizar.

  • Galicia esixe que o retorno se converta nunha política de Estado ante a soidade das CC.AA que, como Galicia, é líder, pioneira e ten un profundo compromiso neste ámbito
    Galicia esixe que o retorno se converta nunha política de Estado ante a soidade das CC.AA que, como Galicia, é líder, pioneira e ten un profundo compromiso neste ámbito
  • Galicia esixe que o retorno se converta nunha política de Estado ante a soidade das CC.AA que, como Galicia, é líder, pioneira e ten un profundo compromiso neste ámbito
    Galicia esixe que o retorno se converta nunha política de Estado ante a soidade das CC.AA que, como Galicia, é líder, pioneira e ten un profundo compromiso neste ámbito
Listen to this page using ReadSpeaker
Xixón (Asturias), 15 de maio de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, participou hoxe no I Foro Retorno y Atracción del Talento en Asturias, onde puxo en valor a Estratexia Galicia Retorna como pioneira e referente a nivel nacional, con máis de 8.500 galegos retornados no ano 2023. A súa intervención foi clara: “O retorno debe ser unha política de Estado”, especialmente ante a soidade que sofren as comunidades autónomas que, como Galicia, manteñen un compromiso sostido e profundo neste ámbito.

Miranda defendeu que a garantía da eficacia dunha estratexia de retorno debe basearse na integridade da atención e no acompañamento ás persoas retornadas, así como na transversalidade da actuación dos poderes públicos, implicando de maneira coordinada todas as áreas de goberno.

Ademais, reivindicou unha maior implicación do Goberno de España que permita aumentar a efectividade do traballo das comunidades autónomas e dos recursos públicos que xa están a ser utilizados. Lembrou que o dereito ao retorno está recollido no artigo 42 da Constitución Española e no Estatuto de Autonomía de Galicia, e que debe traducirse en políticas estatais concretas.

Durante a súa intervención, Miranda expuso a experiencia galega como modelo pioneiro e eficaz para fomentar o retorno e atraer talento do exterior. Subliñou que só no ano 2023, Galicia experimentou un saldo migratorio positivo de +25.738 persoas, e que a nova Estratexia Galicia Retorna 2023–26, cun orzamento de 450 millóns de euros e 100 medidas, busca facilitar o regreso doutros 30.000 galegos.

O secretario tamén fixo fincapé na importancia de manter un vínculo constante coa diáspora galega, a través de programas como os Conecta, Reencontros ou Escolas Abertas, e grazas a unha comunicación dixital eficaz, que en 2024 acadou os 550.000 usuarios únicos no portal GaliciaAberta e superou os 80.000 seguidores nas redes sociais.

Rodríguez Miranda concluíu pedindo unha visión conxunta e estatal do retorno: “Galicia xa demostra con feitos que esta política ten un impacto social e demográfico real. Agora cómpre que o Estado asuma tamén a súa responsabilidade”.

659 lecturas