Rueda anuncia unha relación de irmandade entre a Xunta e a provincia arxentina de Córdoba para a difusión e promoción da ruta xacobea e o Camino del Cura Brochero

Trátase de dúas rutas de peregrinación nas que a natureza, a historia e a cultura son as protagonistas.

O Camino del Cura Brochero percorre a provincia de Córdoba a través de 240 quilómetros que seguen os pasos do sacerdote José Gabriel del Rosario Brochero a finais do século XIX.

Ambas institucións colaborarán para impulsar lazos de irmandade entre estas rutas e atraer máis turistas arxentinos e arxentinas a Galicia.

  • O presidente galego e o gobernador de Córdoba asinan un Memorandum de Entendemento
    O presidente galego e o gobernador de Córdoba asinan un Memorandum de Entendemento

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2023.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o gobernador da provincia arxentina de Córdoba, Juan Schiaretti, asinaron hoxe un Memorandum de Entendemento polo que ambas rexións establecen unha relación de irmandade na que se comprometen a colaborar na promoción e difusión das dúas rutas de peregrinación que percorren os seus territorios: o Camiño de Santiago e o Camino del Cura Brochero.

“Encantados en axudar a promocionar por todo o mundo as peregrinacións con historia, sentido e transcendencia”, aseverou Rueda, quen amosou a disposición do Goberno galego a “asesorar no necesario” ao Camino del Cura Brochero, “que comeza agora a súa andaina” e ao que lle desexou que “en pouco tempo” adquira “toda a potencia”.

O Camino del Cura Brochero é unha senda de 240 quilómetros que percorre os pasos do sacerdote José Gabriel del Rosario Brochero -beatificado polo Vaticano en 2013- desde o seu nacemento en Villa Santa Rosa no século XIX ata a localidade na que desenvolveu gran parte do seu traballo: Villa del Tránsito, na actualidade coñecida como Villa Cura Brochero.

Esta colaboración institucional traducirase na promoción da ruta xacobea no país suramericano; a difusión da ruta arxentina e o seu impulso como etapa preparatoria do Camiño de Santiago; a organización conxunta de xornadas e exposicións ou a instalación dun marco da ruta Xacobea no Camino del Cura Brochero.

Ensaio no Camino del Cura Brochero para despois facer o Camiño de Santiago
O mandatario galego trasladou a colaboración do Goberno galego a que un fenómeno do que Galicia se sinte “orgullosa” –en referencia ás peregrinacións no Camiño de Santiago- “se reproduza noutros lugares”. Neste senso, enxalzou as “cifras récord” de case 440.000 compostelas entregadas durante o “espectacular” ano pasado a aquelas e aqueles camiñantes que acreditaron ter realizado alomenos 100 quilómetros dalgunha das rutas xacobeas. Unha cifra que calculou que pode incrementarse “nun 30%”, xa que lembrou que non todas a persoas que percorren algunha das vías piden esta acreditación oficial cando rematan.

“Estamos á súa disposición”, incidiu Rueda ao gobernador da provincia da arxentina de Córdoba ao que lle apuntou que “non se lle ocorría mellor camiño” para que as e as e os cidadáns da Arxentina “ensaiasen” a peregrinación nun futuro polo de Santiago que comezar primeiro polo Camino del Cura Brochero.

Precisamente, Rueda apuntou que todas estas medidas de irmandade buscan tamén incrementar o número de turistas chegadas e chegados a Galicia desde A Arxentina. En concreto, apuntou que a comunidade pechou 2022 con 3.300 arxentinas e arxentinos que obtiveron a compostela, cifra récord e que multiplica por cinco a rexistrada no 2021, e avanzou que a intención é que sexan máis ao rematar este ano.

454 lecturas