Miranda continúa coas reunións presenciais para o seguimento ás entidades galegas

Antonio Rodríguez Miranda e José Ignacio Paz Bouza, durante a reunión na capital de Galicia
Antonio Rodríguez Miranda e José Ignacio Paz Bouza, durante a reunión na capital de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 27 de xullo de 2021.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, continúa coas reunións de traballo presenciais para o seguimento ás entidades galegas e recibe a José Ignacio Paz Bouza, presidente do Centro Gallego de Salamanca.

Durante o encontro ambas partes puxeron en común os puntos de interese e estudaron futuros proxectos de colaboración orientados a retomar o día a día dunha entidade con preto de 65 anos de traxectoria.

Miranda aproveitou a ocasión para louvar o apoio dos centros galegos do exterior na proxección da cultura galega e da imaxe de Galicia, que nun evento de transcendencia mundial como o Xacobeo bienal adquire unha maior relevancia.

831 lecturas