Miranda reúnese coas entidades galegas de Lausanne, reactivando os encontros cos e coas representantes dos centros do exterior
O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo na mañá de hoxe en Suíza un encontro coas entidades galegas de Lausanne, reactivando así os encontros cos e coas representantes dos centros do exterior tralo parón que supuxo a pandemia da covid-19. O día anterior tivo lugar tamén un encontro coas casas galegas de Xenebra aproveitando a clausura da exposición sobre o Camiño de Santiago que organizou a Sociedade A Nosa Galiza.
Na reunión estiveron presentes Pía Benítez, presidenta da Asociación de Inválidos e Pensionistas Españoles en Suiza, Manuel Amarelle Amigo, presidente da Promoción da Cultura Galega de Lausanne, e Estela Villamarín González, da Asociación Cultural Galega A Roda, así como varias e varios integrantes dos equipos directivos. Neste encontro, ademais de analizar a situación dos galegos e galegas na Suíza durante estes dous anos de pandemia, as entidades explicaron a Rodríguez Miranda como se reactivaron as actividades presenciais nos últimos meses nos centros, así como se estudaron novas iniciativas de promoción do Camiño de Santiago, aproveitando que a Vía Jacobi transcorre por Lausanne.
Novas relacionadas




