O secretario xeral da Emigración entrevistouse co presidente do Club Español de Niteroi

  • Imaxe da audiencia celebrada en Santiago de Compostela
    Imaxe da audiencia celebrada en Santiago de Compostela
  • Imaxe da audiencia celebrada en Santiago de Compostela
    Imaxe da audiencia celebrada en Santiago de Compostela
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2017.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu en audiencia na sede do departamento que dirixe en Santiago de Compostela a Joaquim Lopes Días Teixeira, presidente do Club Español de Niteroi (Brasil), quen estivo acompañado pola súa dona, María Consuelo Pérez Lemos. Miranda e Lopes analizaron a actualidade da colectividade galega no Brasil -o segundo país, despois da Arxentina, con máis galegas e galegos residentes-, e este presentoulle a Miranda as actividades que está a desenvolver o Club Español desta cidade do estado de Río de Xaneiro.

1081 lecturas