A artista galega Carolina Cruz Guimarey expón en Edimburgo a súa obra 'Walking In Circles'

A mostra estará exposta ata o 26 de novembro na galería Interview Room 11 -codirixida pola tamén coruñesa Ana González Chouciño- da capital de Escocia.

  • A  mostra pode visitarse ata o sábado 26 de novembro na capital escocesa
    A mostra pode visitarse ata o sábado 26 de novembro na capital escocesa

Listen to this page using ReadSpeaker
Edimburgo, 21 de novembro de 2016.

O venres 11 de novembro Carolina Cruz Guimarey inaugurou a exposición Walking In Circles na galería de Edimburgo Interview Room 11.

A artista galega estivo dez días nesta cidade debuxando círculos invisibles cos seus pasos. Percorreu os parques e a praia, documentou o traxecto pero non deixou pegadas. Carolina segue así cunha liña discursiva centrada na interacción coa natureza. En anteriores traballos, tamén presentes nesta exposición, Carolina camúflase coa paisaxe, fúndese coa contorna natural para crear un ser híbrido feito de follas e pel.

Agora da un paso máis e a súa imaxe esvaécese. Xa non atopamos o seu autorretrato entre néboa e árbores, só queda a fotografía da paisaxe percorrida en círculos. E nós, ao observala, debemos pechar ese circulo e imaxinar a Carolina camiñando sen un obxectivo concreto. Convértese así nunha cuestión de fe. Non temos ningunha representación da acción, non temos testemuñas, simplemente podemos, ou non, confiar no texto que narra a súa acción.

Con esta exposición a galería Interview Room 11, codirixida pola tamén coruñesa Ana González Chouciño, segue  a apostar pola visibilidade de artistas galegas e galegos en Edimburgo. Ata o momento xa realizaron proxectos específicos nesta galería Ismael Teira, Olmo Blanco e Tono Carbajo.

Este proxecto foi posible grazas a Acción Cultural Española (AC/E) a través da súa modalidade de Movilidad del Programa de Internacionalización de la Cultura Española (PICE). Conta, ademáis, coa colaboración do Consulado Xeral de España en Edimburgo e ABZ Spanish Food Distribution.

Fonte e fotos: Interview Room 11
 
856 lecturas