Comeza a convocatoria de bolsas para o curso académico 2015-2016 de Fundación Carolina
Na presente edición ofértanse 540 bolsas para estudantes de todos os países de Iberoamérica.
A Fundación Carolina abriu unha nova edición da súa convocatoria de bolsas, correspondente ao curso académico 2015-2016. Nesta 15ª edición ofértanse 540 bolsas, segundo a seguinte relación: 304 bolsas de postgrao, 112 de doutorado e estanzas curtas postdoutorais (incluíndo renovacións), 29 de mobilidade de profesorado brasileiro, 50 bolsas da Escola Complutense de Verán, 15 bolsas do Programa de Emprendemento e 30 de Estudos institucionais.
A convocatoria cobre a totalidade das áreas de coñecemento e está dirixida en exclusiva a estudantes de todos os países de Iberoamérica para que completen a súa formación en España.
Os prazos de solicitude para optar ás distintas modalidades de bolsa responden ás seguintes datas: a convocatoria para as bolsas da Escola Complutense de Verán permanecerá aberta ata o 10 de febreiro, as de postgrao e estudos institucionais ata o 4 de marzo e as de doutorado, estanzas curtas e mobilidade de profesorado brasileiro ata o 9 de abril.
Fonte: Fundación Carolina
Novas relacionadas




