O Centro Galego de Castellón asinou un convenio de cooperación educativa coa Universidade Jaume I

Universitat Jaume I
Universitat Jaume I
Listen to this page using ReadSpeaker
Castellón de la Plana, 8 de xuño de 2016.

O Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" vén de asinar un convenio de cooperación educativa coa Universidade Jaume I de Castelló en materia de prácticas académicas externas.

O convenio que subscribiron Rosa Agost Canós, decana da Facultade de Ciencias Humanas e Sociais da UJI, e Xosé Filgueira, presidente da entidade galega na capital castellonenca, ten por obxecto que alumnas e alumnos da Facultade de Humanidades desta Universidade pública castellonense, completando a súa formación, leven a cabo a catalogación, adecuación, informatización así como a organización da Biblioteca "Pepe Agrelo" do Centro Galego, coa fin de poder integrala na rede de bibliotecas, favorecendo así que os  fondos bibliograficos existentes (mais de 2000 títulos) poidan estar a disposición de todálas persoas interesadas na cultura galega, posibilitando con isto a súa consulta vía internet e facilitando o préstamo.

 

Fonte: Centro Galego de Castelló 'O Aturuxo'

1152 lecturas