3º Paso: Emisión do voto - Eleccións Xerais Novembro 2019

3º Paso: Emisión do voto

A Lei prevé dúas formas de facelo, escolle a que mellor che conveña:

1. Envío do voto por correo

(ata o 09/11/2019)

Se optas polo voto por correo, debes enviar por correo certificado o sobre correspondente á Oficina Consular de España no estranxeiro na que esteas inscrito/a (co contido indicado na folla informativa que recibiches), non máis tarde do día 9 de novembro.



2. Deposito do voto en urna

(do 06/11/2019 ata o 10/11/2019)

Se elixes votar en urna, debes depositar persoalmente o sobre dirixido á Xunta Electoral Provincial correspondente (co contido que se indica na folla informativa que recibiches) na Oficina Consular de España no estranxeiro na que esteas inscrito/a os días 6, 7, 8, 9 ou 10 de novembro.

Volver a ELECCIÓNS XERAIS 2019