1º Paso: Solicitude do voto - Eleccións Xerais Novembro 2019

AVISO IMPORTANTE:

Os/as electores/as residentes no estranxeiro que solicitaron o voto nas eleccións a Cortes Xerais do 28 de abril de 2019, e cuxa petición foi aceptada pola Oficina do Censo Electoral (OCE), non deben volver solicitalo.

1º Paso: Solicitude do voto

(Do 24/09/2019 ata o 19/10/2019 inclusive)

  1. Por correo postal ou fax. O impreso de solicitude do voto pódese descargar aquí e enviar por correo postal ou fax á Delegación Provincial da Oficina do Censo Electoral correspondente ao teu municipio de inscrición vixente para estas eleccións.
    á solicitude debe acompañarse un destes documentos:
        - Fotocopia do DNI español
        - Fotocopia do pasaporte expedido polas autoridades españolas
        - Certificado de nacionalidade (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que esteas inscrito/a)
        - Certificado de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular (de expedición gratuíta polo Consulado ou Embaixada na que esteas inscrito/a).
  2. Por internet. Para facer uso da internet é necesario acceder á sede electrónica do INE, Solicitud de voto de los electores del CERA, e identificarse cun certificado electrónico asociado ao DNI do/a elector/a e recoñecido pola Sede ou coa clave enviada no impreso oficial.
  • IMPORTANTE: se estás inscrito/a no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA) e te atopas en España durante os comicios, non poderás votar aquí en urna, pero si poderás facelo por correo: deberás solicitar o voto nunha oficina de Correos (ata o 31 de outubro). Unha vez recibida a documentación, deberás achegarte de novo a unha oficina de Correos para enviar o teu voto por correo certificado (ata o 6 de novembro).
Volver a ELECCIÓNS XERAIS 2019