O Centro Galego de Burgos na conmemoración do seu XX aniversario outorga os seus primeiros títulos de Socios de Honra a Feijóo e Miranda

O secretario xeral da Emigración visitou o colectivo de galegas e galegos na cidade castelá, e comprometeuse a incrementar o seu papel de ponte entre ambas comunidades autónomas.

  • Javier Lacalle, alcalde de Burgos, tamén participou nos actos de celebración do vixésimo aniversario da entidade galega na capital burgalesa
    Javier Lacalle, alcalde de Burgos, tamén participou nos actos de celebración do vixésimo aniversario da entidade galega na capital burgalesa
  • Ángel Ferreiro Sarmiento, presidente do Centro Galego en Burgos, durante a súa alocución ás e aos presentes
    Ángel Ferreiro Sarmiento, presidente do Centro Galego en Burgos, durante a súa alocución ás e aos presentes
  • Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante as palabras que dirixiu ás e aos presentes
    Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante as palabras que dirixiu ás e aos presentes
  • O alcalde de Burgos e, ao seu carón, Ángel Ferreiro Sarmineto (á esquerda) e Antonio Rguez. Miranda (á dereita)
    O alcalde de Burgos e, ao seu carón, Ángel Ferreiro Sarmineto (á esquerda) e Antonio Rguez. Miranda (á dereita)
  • O secretario xeral da Emigración fíxolle entrega dunha placa conmemorativa ao presidente do Centro Galego en Burgos
    O secretario xeral da Emigración fíxolle entrega dunha placa conmemorativa ao presidente do Centro Galego en Burgos
  • O presidente do Centro Galego en Burgos fíxolle entrega dunha placa conmemorativa ao secretario xeral da Emigración
    O presidente do Centro Galego en Burgos fíxolle entrega dunha placa conmemorativa ao secretario xeral da Emigración
  • Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante as palabras que dirixiu ás e aos presentes
    Antonio Rodríguez Miranda, secretario xeral da Emigración, durante as palabras que dirixiu ás e aos presentes
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 23 de outubro de 2015.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recolleu no Centro Galego en Burgos os primeiros títulos de Socios de Honra que outorga a entidade e que, por decisión da comunidade galega nesta cidade castelá, recaeron no Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e no propio Rodríguez Miranda.

Miranda agradeceu o recoñecemento e asegurou que traballará “aínda con máis empurre por afondar nas excelentes relacións entre ambas comunidades autónomas”, e de maneira destacada por axudar a manter e mellorar a boa imaxe que de Galicia proxecta a colectividade de paisanas e paisanos residentes en Burgos.

Na súa alocución durante a recepción do título, Miranda aludiu ao incesante traballo que desenvolven as e os galegos residentes fóra, que “lograstes unha proxección que só cabe apreciar e agradecer, así lembrou que o programa de diferentes departamentos da Xunta “Galicia, Pórtico Universal” iniciou a súa andadura no 2015 na cidade burgalesa e do que se pode confirmar que está a ter un retorno positivo para Galicia. A Xunta estima e pon en valor ese labor constante, e por iso é unha honra para min recibir hoxe este nomeamento”.

Tamén afirmou o secretario xeral que “a capacidade de integración da Galeguidade nesta cidade demóstrana os nosos paisanos e paisanas día a día, pero hai que dicir que boa parte do mérito recae nunha sociedade, a burgalesa, aberta ao intercambio e enriquecemento cultural. A ese enriquecemento contribuístes de maneira moi destacable, e é xusto recoñecelo, as galegas e os galegos aquí asentados”.

Proxección de Galicia
Antes do acto oficial de entrega dos títulos de socios de honra a Feijóo e a el mesmo, Rodríguez Miranda visitou previamente a socias e socios, directiva, e instalacións da entidade, que mantén un local social en alugueiro cunha superficie de máis de 200 metros cadrados. Dotado con servizos de hostalaría, sala de conferencias e biblioteca, a súa localización, moi preto do prestixioso Museo da Evolución Humana –referente turístico fundamental da cidade canda a catedral-, fai que polas súas instalacións pasen con regularidade non persoas asociadas do Centro e doutras comunidades galegas, senón tamén xente sen relación directa con Galicia, o cal facilita unha proxección singular e personalizada da nosa terra.

Segundo os datos do Padrón Continuo do INE a 1 de xaneiro de 2015, residen oficialmente na Comunidade Autónoma de Castela e León un total de 24.140 galegas e galegos, dos que 2.212 fano na provincia de Burgos.

1758 lecturas