Feijóo destaca o labor de AEGAMA nos seus 25 anos de historia como lugar de encontro das emprendedoras e os emprendedores galegos en Madrid

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañou ao titular da Xunta na súa participación na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA).

Apunta que AEGAMA naceu cun espírito de unión e axuda mutua que a levou a ser unha referencia no asociacionismo empresarial en Madrid.

Lembra que é o momento de que o Goberno galego impulse medidas que favorezan a consolidación dun marco favorable á creación de riqueza e emprego.

  • O titular da Xunta participou na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA)
    O titular da Xunta participou na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA)
  • O titular da Xunta participou na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA)
    O titular da Xunta participou na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA)
  • O titular da Xunta participou na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA)
    O titular da Xunta participou na celebración do XXV aniversario da Asociación de Empresarios Galegos en Madrid (AEGAMA)
Listen to this page using ReadSpeaker
Madrid, 20 de outubro de 2015.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o extraordinario labor de AEGAMA nos seus 25 anos de historia como lugar de encontro das emprendedoras e os emprendedores galegos en Madrid. Así o manifestou no acto de conmemoración do aniversario desta asociación de empresarias e  empresarios.

O presidente do Goberno galego puxo en valor o espírito co que naceu a asociación de unión e axuda mutua que a levou a ser unha referencia no asociacionismo empresarial na capital. “Os galegos foron quen de manter a galeguidade á vez que se integraban nas sociedades de acollida” apuntou.

Neste senso, Feijóo estableceu un paralelismo entre as dificultades que experimentaron as galegas e os galegos emigrados e os difíciles condicionantes históricos e económicos aos que se ten enfrontado nos últimos anos o Goberno galego, “sempre desde a previsibilidade, o rigor, a prudencia, a eficiencia e a deostada austeridade”.

Con respecto a isto, o titular da Xunta destacou que afortunadamente esta situación se está a reverter na actualidade e que hoxe xa podemos falar de creación de emprego, presupostos á alza, diminución de impostos e recuperación de retribucións das e dos empregados públicos.

Comunidades cumpridoras
Ademais, Feijóo lembrou que Galicia e Madrid poden presentarse como comunidades cumpridoras cos seus provedores e capaces de controlar o recurso da débeda pública. “Sabemos que é o momento de impulsar medidas que favorezan a consolidación dun marco favorable á creación de riqueza e emprego” e así se recolle no Plan estratéxico Galicia 2015-2020 da Xunta, que servirá de guía para a definición dun modelo de crecemento baseado na innovación, na internacionalización e o emprendemento, así como para o desenvolvemento dunhas políticas sociais que resulten sostibles.

Finalmente, o presidente da Xunta sinalou que a Asociación de Empresarios Galegos en Madrid é un exemplo neste sentido xa que “soubo aproveitar os momentos de dificultade para seguir unidos e compartir experiencias e, entre todos, buscar solucións aos problemas para saír do ciclo con máis fortalezas e capacidade de crecemento”.

1203 lecturas