O Centro Galego de Móstoles celebrou o Día das Letras Galegas e participou no festival folklórico do Día das Rexións
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas no Centro Galego de Móstoles
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas no Centro Galego de Móstoles
Imaxe da celebración do Día das Letras Galegas no Centro Galego de Móstoles
O Festival das Rexións, celebrado na Praza de Pradillo, congregou a numeroso público
O Festival das Rexións, celebrado na Praza de Pradillo, congregou a numeroso público
O Festival das Rexións, celebrado na Praza de Pradillo, congregou a numeroso público
Un ano máis, o Centro Galego de Móstoles festexou o Día das Letras Galegas, que na presente edición homenaxeou ao poeta lucense Xosé María Díaz Castro. Ao acto, celebrado o sábado 17 de maio, asistiron un gran número de persoas asociadas e simpatizantes e contouse tamén coa presenza da concelleira Elena López e o concelleiro Alejandro de Utrilla, do Excelentísimo e Ilustrísimo Concello desta localidade do sur da Comunidade de Madrid, que asinaron no Libro de Honor do Centro. No acto tamén interviron Jacinto Alonso Campos , tesoureiro da entidade, e o grupo folklórico A Peneira.
Día das Rexións
Tamén os pasados 17 e o 18 de maio, como cada ano, a Coordinadora de Casas Rexionais, Irmandades e Confrarías de Móstoles organizou, coa colaboración da Concellaría de Educación, Cultura e Turismo, o festival folclórico no día das Rexións, que se levou a cabo na Praza de Pradillo, e ao que tamén asistiu Daniel Ortiz Espejo, alcalde da localidade mostoleña, que agradeceu o esforzo e a colaboración das casas rexionais por manter vivas as tradicións das distintas rexións de España. Non faltaron a esta cita anual o Fogar Canario, a Agrupación Castiza "De Madrid a Móstoles", o Fogar Estremeño, a Casa Rexional de Castela e León, a Asociación Cultural Los Revoltoso, a Casa Rexional de Andalucía e o grupo de baile A Peneira do Centro Galego, que levaron ás veciñas e veciños deste municipio o noso folclore, traxes rexionais, música e bailes, con grande éxito, a xulgar polo numeroso público presente na praza.
Novas relacionadas



