Xornada de Galicia nos colexios públicos de Móstoles

O Centro Galego de Móstoles deu a coñecer a nosa comunidade ás e aos máis de 400 escolares do C.E.I.P. Rosalía de Castro de Móstoles.

Trátase dunha iniciativa que vén desenvolvendo nos últimos dous anos a entidade galega do sur de Madrid.

  • Os rapaces e rapazas de Móstoles puideron coñecer máis sobre Galicia grazas a esta fermosa iniciativa do Centro Galego da localidade madrileña
    Os rapaces e rapazas de Móstoles puideron coñecer máis sobre Galicia grazas a esta fermosa iniciativa do Centro Galego da localidade madrileña

  • As e os integrantes do Centro Galego diante do colexio público que leva o nome da figura máis universal das nosas letras
    As e os integrantes do Centro Galego diante do colexio público que leva o nome da figura máis universal das nosas letras

Listen to this page using ReadSpeaker
Móstoles, 14 de abril de 2014.

Por segundo ano consecutivo, o pasado 10 de abril 2014 o Centro Galego de Móstoles levou a cabo a Xornada sobre Galicia para cumprir co programa de promoción cultural nos colexios de Móstoles e dar a coñecer, así, os nenos desta localidade do sur de Madrid a comunidade de Galicia e inculcarlles os valores de respecto, tolerancia e solidariedade. Desta forma, as e os escolares do CEIP Rosalía de Castro de Móstoles -máis de 400 alumnos e alumnas de primaria e infantil- puideron coñecer a xeografía galega, o turismo da rexión, as súas festas típicas, as paisaxes e os monumentos máis importantes.

Previamente, o Centro Galego dotara de planos, folletos, fotografías e carteis que adornaron as instalacións do colexio Rosalía de Castro, facilitados por Turgalicia. Durante a xornada, actuou o  Grupo de gaitas e baile rexional A Peneira da entidade, e os nenos e nenas puideron coñecer, entre outras peculiaridades, a música, os bailes e os traxes típicos da comunidade galega.

Este ano foi un tanto especial xa que o colexio levaba por nome Rosalía de Castro. A que foi poetisa e novelista galega e escribiu en lingua galega, foi tamén a primeira homenaxeada no Día das Letras Galegas. Nacida en Santiago de Compostela no ano 1837, é considerada na actualidade como unha escritora indispensable no panorama literario do século XIX; coñecida como unha das figuras máis importantes das letras da súa época, as súas achegas á cultura resultan indispensables, sinaladamente no que a Galicia se refire.

Para rematar a xornada, foi entregado un libro sobre os Faros de Galicia, como recordo do seu paso polo CEIP Rosalía de Castro, invitando a todas e todos a coñecer un pouco máis a Galicia no local do Centro Galego de Móstoles.

Fonte e fotos: Centro Gallego de Móstoles

941 lecturas