Tibu, o camariñán que empapou a media Costa da Morte co seu «legado»

Damián Pereira segue sorprendido pola repercusión que tivo a súa proposta.

Damián Pereira 'Tibu', é un mozo camariñán que reside dende os dez anos en Suíza, onde traballa como enxeñeiro civil. Foto: La Voz de Galicia
Damián Pereira "Tibu", é un mozo camariñán que reside dende os dez anos en Suíza, onde traballa como enxeñeiro civil. Foto: La Voz de Galicia
Listen to this page using ReadSpeaker
Carballo (A Coruña), 25 de maio de 2014.

«Ola, estou aquí para cumprir co legado do Tibu...» foi, con case toda seguridade, a frase máis repetida durante estas dúas últimas semanas na Costa da Morte. Todo por culpa de Damián Pereira, alias Tibu. Conseguiu que se bañen miles de persoas na bisbarra e en moitos outros puntos do mundo. Na rede xa se poden ver vídeos feitos en Estados Unidos, Inglaterra, Brasil, Xapón ou Arxentina. Nunca esperaba que unha broma entre amizades desencadease un fenómeno social. Unha moda que, coa súa gran repercusión, tamén tivo detractores e detractoras. Pero certo é que involucrou gran parte da sociedade da bisbarra. Todo iso dende Weinfelden, no cantón de Turgovia, ao norte de Suíza, onde Damián traballa como enxeñeiro civil. O mozo, de 24 anos, leva alí dende os dez.

«Isto é coma ou lume, nunca pensei que colar tanta fama. Se unha persoa se tira á auga porque si, dirían que está tarado. Pero agora estanse mollando centos de persoas por seguir a moda. Todo ou mundo fala de min por aí pero case ninguén me coñece. Xa case son coma unha lenda», chancea Damián. Mesmo en Suíza está a coller fama. «Chamáronme para facer de presentador nunha velada de kickboxing. Decatáronse por un amigo meu que fixera varias entrevistas na radio e contactaron comigo».

Tibu visitará Xaviña (Camariñas-A Coruña) a próxima semana. Xa tiña pensado pasar as vacacións de verán no seu pobo natal, pero como bo deportivista, quere celebrar en Galicia o hipotético ascenso do equipo coruñés a Primeira División. «Aproveitarei para falar coa xente e ir preparando festa que queremos facer en agosto».

Iniciativa benéfica
Cando se propagou pola Costa da Morte, o «Legado do Tibu» xa perdera o seu carácter benéfico. O desafío naceu para apoiar un neno enfermo de cancro, pero acabou sendo simplemente un xogo. «Cando vimos que a cousa estaba collendo bastante repercusión, falamos entre os amigos e pensamos que había que facer algo para recuperar a idea de axudar á loita contra ou cancro. Así pechamos ou círculo». Entón, decidiron preparar camisetas conmemorativas. Poñeranas á venda por seis euros e todo o recadado destinarase a unha asociación. «Encargamos cen e esgotáronse. Pedimos cen máis e creo que xa se están a rematar. A xente está respondendo moi ben». Por agora pódense conseguir a través de Facebook. «E xa hai varios bares que se ofreceron a vendelas. Estaría ben que, así como tanta xente se animou a mollarse, tamén merquen ás camisetas».

Dúas semanas despois de que o reto chegase a Camariñas, cada día son máis os persoeiros públicos que se mollan. Estes días fixérono Nancho Novo -aínda que só por dentro, cunha cervexa- e Modesto Fraga. E hai nominados, como Manuel Valeriano Alonso e Jorge Mira, pendentes do mergullo.

 

Fonte e foto: La Voz de Galicia

1918 lecturas