Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”

Miranda recibe no aeroporto de Santiago de Compostela aos participantes do programa "Conecta co Voluntariado en Galicia" 2025.

O secretario xeral da Emigración dá a benvida á mocidade galega do exterior que regresa para participar en campos de voluntariado ambiental e cultural.

A iniciativa, en colaboración coa Dirección Xeral da Xuventude e da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta, duplica prazas nesta edición, cun total de 50 mozos galegos de dentro e fóra de Galicia.

  • Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
    Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
  • Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
    Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
  • Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
    Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
  • Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
    Miranda: “Estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura”
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 26 de agosto de 2025.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu hoxe no aeroporto aos mozos participantes na nova edición do programa Conecta co Voluntariado en Galicia 2025, unha iniciativa que busca reforzar os vínculos da mocidade galega no exterior co país a través da participación en actividades de carácter cultural e medioambiental.

Nesta edición, a Xunta ofreceu 50 prazas, das que 40 se destinaron a galegos e galegas residentes no exterior e 10 a mozos e mozas que viven en Galicia, co obxectivo de promover a convivencia, o intercambio de experiencias e a creación de redes entre ambas realidades.

O programa desenvolverase entre o 26 de agosto e o 6 de setembro, en dúas modalidades. Un campo de voluntariado ambiental na ría de Arousa (Pontevedra), centrado na conservación do espazo mariño e costeiro, e un campo de voluntariado cultural no castro de Viladonga (Castro de Rei, Lugo), onde os participantes colaborarán co equipo de escavación e conservación deste emblemático xacemento.

Miranda subliñou que “estes mozos chegan como voluntarios, pero iranse como embaixadores da nosa cultura, porque cada paso que dean aquí será tamén unha semente de Galicia alí onde viven”.

Con esta iniciativa, a Xunta de Galicia consolida un programa que, ano tras ano, permite á mocidade galega da diáspora reencontrarse coas súas raíces, ao tempo que contribúe de maneira activa á protección do patrimonio natural e cultural galego.
 

422 lecturas