Alfonso Rueda mantén un encontro coa colectividade galega en Salvador de Bahía
O vicepresidente da Xunta estivo acompañado polo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda.
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, durante a súa xuntanza con membros da directiva do Galícia Esporte Clube de Salvador de Bahía
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro coa colectividade galega en Salvador de Bahía, nas instalacións do Centro Espanhol
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro coa colectividade galega en Salvador de Bahía, nas instalacións do Centro Espanhol
O vicepresidente e o secretario xeral da Emigración visitaron, tamén, a Asociación Cultural Caballeros de Santiago

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo hoxe un encontro coa colectividade galega en Salvador de Bahía, nas instalacións do Centro Espanhol.
O vicepresidente destacou o incesante traballo das galegas e dos galegos emigrados a Brasil en sectores tan importantes coma a hostalería e a alimentación grazas ao cal alcanzaron importantes cotas de éxito nos seus negocios.
Así mesmo, o vicepresidente animou a estas e estes galegos emigrados a seguir loitando nun momento no que Brasil está a vivir unha etapa de expansión económica e así seguir reforzando os vínculos culturais, lingüísticos e económicos que enlazan ambas países.
Novas relacionadas