A Xunta aposta por afianzar os lazos culturais, humanos e económicos entre Galicia e Brasil

Alfonso Rueda visitou o Centro Espanhol de Niteroi, onde recibiu o título de socio honorífico en recoñecemento a todos os galegos e as galegas.

  • Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron hoxe o Centro Espanhol de Niterói
    Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron hoxe o Centro Espanhol de Niterói

Listen to this page using ReadSpeaker
Niteroi (Río de Xaneiro), 30 de marzo de 2014.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia de explorar, afianzar e ensanchar os posibles lazos de colaboración xa sexa en materia cultural, como económica ou persoal co pais brasileiro xa que Brasil, segundo afirmou Rueda, representa unha excelente oportunidade de presente e futuro para Galicia, como Galicia o representa para Brasil

Alfonso Rueda e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda visitaron hoxe o Centro Espanhol de Niterói, onde mantiveron un encontro co Prefeito de Niteroi, Rodrigo Neves; co Cónsul General de España en Rio de Xaneiro, Alfonso Palazón; e co vereador de Rio de Xaneiro, Elton Babú. No transcurso da visita, Rueda recibiu o título de socio honorífico en recoñecemento a todos os galegos e as galegas.

O vicepresidente da Xunta incidiu no importante papel das galegas e os galegos no exterior para o fortalecemento e desenvolvemento de accións que consoliden a internacionalización da economía galega e a proxección económica de Galicia

O Centro Espanhol de Niteroi foi fundado no ano 1964 co obxectivo de reunir á comunidade galega residente na cidade e para manter o recordo das súas orixes e costumes. Tamén para divulgar a súa lingua, pratos típicos, musicas e danzas. Na actualidade, o Centro Espanhol é un punto clave de reunión das e dos galegos no pais brasileiro e conta nas súas instalacións con restaurante, aulas de formación, parque infantil e un gran complexo deportivo para uso e desfrute das persoas membro.

945 lecturas