A caravana da película galega ‘Vilamor’ chegou a Cataluña

O secretario xeral da Emigración asistiu en Hospitalet ao primeiro acto de presentación do filme.

Rodríguez Miranda, co elenco do filme e autoridades das entidades galegas en Cataluña. Foto: Crónicas de la Emigración.
Rodríguez Miranda, co elenco do filme e autoridades das entidades galegas en Cataluña. Foto: Crónicas de la Emigración.
Listen to this page using ReadSpeaker
Barcelona, 13 de maio de 2013.

A película de Ignacio Vidal Vilamor aterrou na Casa Galega de Hospitalet (Barcelona) acompañada dos actores e a actriz protagonistas, Rubén Riós, Xoél Yáñez y Sabela Arán, e o seu director Ignacio Vidal, onde foi presentada o pasado venres, 10 de maio, pola tarde. Foi o primeiro dunha serie de actos de presentación en diferentes lugares de Cataluña co gallo das Letras Galegas 2013, organizados a iniciativa de Xuntanza de Asociacións Galegas en Cataluña, a través do seu delegado de Xuventude, Álvaro Prieto, e coa colaboración da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia.

O acto estivo arroupado por numerosas persoas asociadas e amigos e amigas das tres entidades que promocionan o desembarco de ‘Caravana Vilamor’ en Cataluña, os seus presidentes, Alfonso Rico, da A.C.G. Rosalía de Castro de Cornellá; Juan Prieto, de Agarimos de Badalona; e Manuel Prados, da Casa Galega de Hospitalet; así como polo presidente de Xuntanza, Xosé Carlos García; o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e o tenente de alcalde e delegado de Cultura do Concello de Hospitalet, así como dos actores e actrices protagonistas da película. Estes e estas, nun acto moi didáctico, explicaron ás  persoas presentes as veleidades deste proxecto cinematográfico galego, que se estreará para o gran público en Cataluña o próximo Día das Letras Galegas, 17 de maio, nos cines Filmax de Hospitalet, en versión orixinal, galego, e subtitulada en catalán, e durante esta semana levaranse a cabo actos de presentación na maioría de colexios da cidade e noutras entidades galegas como ‘Agarimos’ de Badalona, Centro Galego e A.C.G.Saudade de Barcelona.

Vilamor relata unha historia de amor nunha das primeiras comunas hippies da Europa dos anos setenta. Está basada en feitos reais acontecidos na década dos anos 70 na montaña de Lugo; onde, fiel reflexo dos cambios políticos e sociais dunha etapa histórica controvertida en España, na que se instaura unha comuna como modelo alternativo á voráxine de acontecementos que moven a sociedade cara ao cambio.

A localización da película sitúase nun dos paraxes máis fermosos da Galicia rural onde se asenta a comuna, que aínda hoxe existe. Un excepcional marco de “natureza virxe, agrestes montañas e paisaxes de ensoño únicos no mundo e selo identificativo da Galicia natural” situado nas montañas dos Ancares á beira do Río Navia.

 

Fonte e foto: Crónicas de la Emigración
 

859 lecturas