O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid realizará unha viaxe itinerante á cidade de Vigo
Terá lugar os próximos días 20 e 21 de abril de 2013.
O Consulado Xeral de Bolivia en Madrid comunicou a través da súa páxina web a realización dunha viaxe itinerante á cidade de Vigo (Pontevedra) os próximos días 20 e 21 de abril de 2013.
O Consulado Itinerante estará situado na Rúa Oliva nº 12-baixo (centro de Vigo, ao lado da colexiata e moi preto do mercado da Pedra e da rúa das Ostras) e atenderá o día 20 en horario de 8,30 a 18,30 horas, e o 21 de abril, domingo, en horario de 8,30 a 15,00 horas.
Poderanse realizar os seguintes trámites:
- Inscricións de menores e solicitude de pasaportes por primeira vez
Requisitos:
1. Certificado Literal orixinal.
2. Informe de Alta Médica e/ou Libro de Familia.
3. 3 exemplares de Fotocopia de Pasaportes do pai e da nai nunha soa folla.
4. Fotocopia de Certificado de Matrimonio (se son persoas casadas).
5. 5 fotos fondo branco, tamaño 4x5 (con vista aberta e ollos abertos).
6. Presenza da ou do menor (imprescindible).
Aviso: a inscrición do neno ou nena é gratuíta, o Pasaporte novo ten un custo de 72 euros e o Certificado de Nacemento Adicional ten un custo de 7 Euros.
- Renovación de Pasaportes
Requisitos:
1. Renovación por caducidade: ata 4 meses antes da caducidade.
2. Por extravío: denuncia orixinal e fotocopia de pasaporte.
3. Taxa consular 72 euros.
- Poderes
Requisitos:
1. Pasaporte vixente.
2. Fotocopia de documento de identidade da persoa a quen vai outorgar o Poder.
3. Instrutiva de Poder, asinado por Avogado en Bolivia (só para casos de procesos).
4. Taxa consular 72 euros.
- Recórdase que para os seguintes trámites deben contar con pasaportes vixentes e fotocopias do pasaporte por cada solicitude a realizar
-Certificados de Antecedentes Penais Legalizados.
-Certificados de Nacemento Legalizados.
-Certifidados de Matrimonio Legalizados.
-Certificado de Estado Civil Legalizados.
-Certificados de Defunción Legalizados.
-Certificados de inscrición Consular.
-Outras actuacións consulares.
Así mesmo, comunícase que todos os trámites consulares solicitados durante a última viaxe de maio, serán entregados nos lugares indicados logo de presentación de resgardo e pasaporte.
Os cidadáns e as cidadás que solicitaron os seus documentos no Consulado Xeral de Bolivia en Madrid e desexan recoller nas datas indicadas, deberán solicitar os seus documentos ao correo electrónico: info@consuladodebolivia.es ou ao teléfono 913 265 028.
Fonte: Parainmigrantes.info
Novas relacionadas




