A bilioteca do Centro Gallego de Santa Fe volverá funcionar

Esta institución galega da capital santafesina conta xa con 93 anos de historia.

A entidade informou tamén da organización dun Bingo, o venres 7, e unha festa de fin de ano o vindeiro sábado día 15.

Na imaxe, membros da directiva e intendencia. Foto: España Exterior.
Na imaxe, membros da directiva e intendencia. Foto: España Exterior.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santa Fe, 3 de decembro de 2012.

As autoridades do Centro Gallego de Santa Fe informaron que o xoves próximo, ás 16,00 h., levarase a cabo na súa sede da Avda. Galicia 1371 do barrio Juan Bautista Alberdi, entre Villa María Selva e Guadalupe, o acto de reapertura da Biblioteca da entidade.

O repositorio levará o nome de "Eulogio Pérez", un activo dirixente da institución do século pasado, e contará con aproximadamente 2.000 volumes.

Cabe sinalar que esa tradicional biblioteca foi inaugurada o 5 de outubro de 1969 durante a presidencia do comerciante Faustino Pereira co nome de "Miguel de Cervantes Saavedra" ao conmemorarse o cincuentenario de fundación do centro galego local.

O titular do Centro Gallego destacou entón que "Cervantes naceu e formouse en pleno auxe do Renacemento e, por outra parte, viviu con intensidade os primeiros do século XVII, nos que o humanismo universal do Clasicismo dá paso á problematización e exhuberancia do Barroco. Os mesmos anos da súa produción literaria, 1585-1616 (a súa obra cumio El Quijote), están a cabalo deste cambio".

A actual Biblioteca
O flamante repositorio dispón de bibliografía das diferentes comunidades españolas, especialmente a galega. Entre os materiais do seu acervo encóntranse obras de autores de literatura clásica e historia, atlas, dicionarios, non só da rexión de Galicia en particular e España en xeral, senón tamén da Arxentina e América Latina. A atención da biblioteca ao público realizarase nesta primeira etapa os días xoves no horario de 16,00 a 18,00 h.

A cerimonia de reinauguración será o 6 de decembro, ás 16,00 h. O servizo de biblioteca é outra contribución cultural do Centro Gallego á comunidade galega, aos veciños e veciñas do barrio Juan Bautista Alberdi, onde este está emprazado e, en xeral, á comunidade de Santa Fe.

Bingo
Por outra parte, o venres próximo, ás 21.30 h., levarase a cabo o denominado "Bingo Chopp", nas instalacións do Centro Gallego. Realizarase en forma conxunta co Centro Extremeño e o prezo da tarxeta é de 40 pesos. Inclúe dous lisos, un choripán e unha empanada, ademais do Bingo con importantes premios.

Cabe consignar que se presentará tamén o conxunto de danzas e musical do Centro Extremeño e as e os integrantes do Centro Andaluz tocarán as castañolas.

Puntualizouse que os interesados e as interesadas en asistir a este encontro poderán reservar tarxetas comunicándose coa tesoureira María del Carmen López (aos teléfonos 4522120, móbil 154081043); a secretaria Graciela Mendoza (4551538, celular 154274718) ou o tesoureiro Juan Carlos Rodríguez (4560169, móbil 154323649), respectivamente.

Finalmente indicouse que a despedida do ano no Centro Gallego terá lugar o sábado 15 ás 21,00h. A devandita entidade sostivo mediante un comunicado de prensa que poderán asistir todas e todos os membros da comisión directiva e as persoas asociadas do Centro Gallego coas súas respectivas familias.

 

Fonte: El Litoral.com | Foto: España Exterior

1091 lecturas