Galicia manténse á cabeza de España en número de bandeiras azuis en 2012, con 126 distincións a praias de 36 concellos costeiros

A Comunidade galega acadou esta distinción para un 85% dos areais candidatos nesta edición e que se traducen nun incremento de 9 novas bandeiras.

Unha de cada catro bandeiras azuis concedidas recaen nalgún areal galego.

Listen to this page using ReadSpeaker

Praia da Boca do Río, no concello coruñés de Carnota.A Xunta de Galicia felicita aos concellos por manter a Galicia como a Comunidade Autónoma española con maior número de bandeiras azuis en 2012. Galicia acadou un total de 126 distincións encabezando un ano máis o ranking español, seguida nesta ocasión pola Comunidade Valenciana (108 bandeiras), Cataluña (87) e Andalucía (77). O número de praias candidatas en 2012 elevouse aos 149 areais, polo que un 85% dos presentados acadaron este recoñecemento, que se distribúe ao longo de 36 concellos costeiros.

Respecto dos datos do ano pasado, en 2012 un total de 9 praias máis acadaron esta distinción en Galicia. Tamén destaca a incorporación do Concello de Arteixo con 4 bandeiras azuis para senllos areais deste municipio: Combouzas, Valcovo, A Hucha e A Salsa.

A pesar de incorporar 9 areais con esta distinción deuse o caso de que algún concello da provincia da Coruña e Pontevedra perderon este galardón nalgunha das súas praias no ano 2012.

Na provincia da Coruña, foron as praias de Ornanda e As Furnas, no Concello de Porto do Son; e no de Pontevedra, foron os areais de Carracido (Nosa Señora) e A Xunqueira, nos municipios de Vigo e Moaña, respectivamente.

A continuación detállase por provincias, concellos e areais:

PROVINCIA DA CORUÑA

CONCELLO
PRAIA
Observación
Boiro
Barraña
 
Carragueiros
Mañóns
A Retorta
Saltiño-Barraña-Esquerda
A ladeira do Chazo
Nova bandeira 2012
A Pobra do
Caramiñal
Lombiña-Cabío
 
A Illa da Laxe
Ribeira
Coroso
 
O Vilar
A Corna
O Touro
Río Azor
Ameixida
Nova bandeira 2012
Porto do Son
Aguieira
 
Caveiro
 
Laxe
Praia de Laxe
 
A Laracha
Praia Caión
 
A Coruña
Riazor
 
Orzán-Matadero
San Amaro
Lapas
Oza
Arteixo
Combouzas
 
 
Novas bandeiras 2012
Valcovo
A Hucha
A Salsa
Oleiros
Bastiagueiro
 
Mera-Penatouro
Espiñeiro
Santa Cristina
 
Miño
Grande
 
Perbes
Praia da Ribeira
Nova bandeira 2012
Ferrol
Doniños
 
San Xurxo
Valdoviño
Meirás (Do Rio)
 
A Frouxeira
Pantín (O Rodo)
Baleo
Villarrube
Ortigueira
Morouzos
 
A Concha
Nova bandeira 2012
Dumbría
Ézaro
 
Carnota
Carnota (Boca do Rio)
 
Mar de Lira
 
Carballo
Saíñas
 
Pedra do Sal
Muros
San Francisco
 

 

PROVINCIA DE LUGO

CONCELLO
PRAIA
Observación
Burela
O Portelo
 
A Marosa
O Vicedo
Abrela
 
Xove
Esteiro
 
 
 
 
Foz
Areoura
 
Peizás
Arealonga
Llas
A Rapadoira
As Polas
Os Xuncos
 
 
 
 
Barreiros
A Pasada
 
Lóngara
Coto
Acantilado- Remior
Altar
San Bartolo
Fontela-Valea
Arealonga
Nova bandeira 2012
Ribadeo
Os Castros-Illas
 
As Catedrais
Nova bandeira 2012
Esteiro
Nova bandeira 2012

 

PROVINCIA DE PONTEVEDRA

CONCELLO
PRAIA
Observación
A Guarda
O Muíño
 
Area Grande
Baiona
Os Frades
 
Santa Marta
A Barbeira
Nigrán
Praia América
 
Patos
 
Vigo
O Vao
 
Argazada
 
Rodas (Illas Cíes)
 
Figueiras (Illas Cíes)
 
A Punta
Nova bandeira 2012
Tombo do Gato
Nova bandeira 2012
Fortiñón
 
Canido
 
Fontaiña
 
Moaña
Praia do Con
 
Cangas do Morrazo
Areabrava
 
Nerga
Menduiña
Melide
Areamilla
Liméns
Rodeira
Nova bandeira 2012
Bueu
Area de Bon
 
Portomaior
Lagos
Marín
Aguete
 
Mogor
Portocelo
Poio
Xiorto
 

 

965 lecturas