Presentación do programa «Reencontros na Terra» en Arxentina

Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2011.

O Secretario Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, Santiago Camba, inicia durante o día de hoxe unha viaxe de tres días a Arxentina. Ás tres da tarde (hora local) presentará -na sede do centro Centro Galicia- unha nova edición do programa Reencontros na Terra. Posteriormente presidirá a inauguración da nova sede de Ospaña (Obra Social de los Españoles y sus Descendientes en Argentina) na capital austral.

Durante a xornada do sábado Camba terá un encontro coa presidenta da Comisión de Españoles Desaparecidos en Argentina durante la dictadura, María Consuelo Castaño, e desprazarase ata a cidade de Rosario para participar nun encontro coa colectividade no Centro Gallego.

No último día da súa visita, o domingo 18, clausurará as Xornadas de intercambio de información e experiencias da Federación de Unións de Asociacións Galegas na República Arxentina que terán lugar no Círculo Social Val Miñor en Bos Aires. Posteriormente desprazarase ata o campo do Centro Lalín, Agolada y Silleda para presidir a celebración anual do colectivo Virgen de la Saleta de orixinarios de Silleda. Tras este acto manterá un encontro coa directiva e socios da Asociación Residentes de Salvaterra do Miño en la República Argentina, que celebra o 90º aniversario da súa fundación.

1078 lecturas