Representación de "Karelu", en Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
323 lecturas

Do venres 28 ao domingo 30 de xaneiro, no Espacio Teatro de Montevideo, a compañía teatral galega Os Náufragos Teatro, co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, pon en escena Karelu.

  • Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou: a partir de aí comeza unha viaxe ao pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.

Funcións: o venres 28 e o sábado 29, ás 21:00 h; o domingo 30, ás 20:30 h

Reserva de entradas: Tlf. 2900 03 16 | Correo-e: espacioteatrouruguay@gmail.com | Despacho de billetes: Mercedes 865 esq. Andes

Máis info: www.espacioteatrouruguay.com | Facebook | Instagram | YouTube

Representación de "Karelu", en  Montevideo
Evento: 
Representación
Organiza: 
Espacio Teatro Uruguay
Data: 
28.01.2022 a 30.01.2022
Lugar:
Espacio Teatro Uruguay
Mercedes 865 esq. Andes
Montevideo - 11100 Montevideo
Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024