Representación de "Karelu", en Montevideo
Do venres 28 ao domingo 30 de xaneiro, no Espacio Teatro de Montevideo, a compañía teatral galega Os Náufragos Teatro, co apoio do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, pon en escena Karelu.
- Karelu sitúanos no conflito sobre un feito. O fillo de Martín ten un Karelu no seu brazo dereito, unha marca que deixa a roupa na pel. Unha agresión. Martín recibe a visita do seu irmán, necesita aclarar con el o que pasou: a partir de aí comeza unha viaxe ao pasado onde xorden aspectos da súa vida familiar, de cando eran nenos e como foi a educación recibida polos seus pais. Karelu fala da educación na contorna familiar, da violencia e da crise de valores na sociedade actual.
Funcións: o venres 28 e o sábado 29, ás 21:00 h; o domingo 30, ás 20:30 h
Reserva de entradas: Tlf. 2900 03 16 | Correo-e: espacioteatrouruguay@gmail.com | Despacho de billetes: Mercedes 865 esq. Andes
Máis info: www.espacioteatrouruguay.com | Facebook | Instagram | YouTube

Evento:
Representación
Organiza:
Espacio Teatro Uruguay
Data:
28.01.2022 a 30.01.2022
Lugar:
Espacio Teatro Uruguay
Mercedes 865 esq. Andes
Montevideo - 11100 Montevideo Uruguai
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: