Listados definitivos de solicitudes admitidas e excluídas do programa "Conecta con Galicia" 2019 (Actividades ao aire libre)

Listen to this page using ReadSpeaker
1225 lecturas
Listados para descargar.
Estado: 
Procedemento pechado

Publicación dos listados definitivos de solicitudes admitidas e excluídas das axudas para a participación no programa "Conecta con Galicia", Actividades ao aire libre, (Resolución do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 55 do 20 de marzo) de Arxentina, Brasil, Cuba, México, Uruguai e Venezuela.

Naqueles casos nos que o número de solicitudes admitidas sexa superior ao número de prazas ofertadas para cada país, a selección final das persoas beneficiarias realizarase de acordo cos criterios de selección do punto 5 do artigo 8: 

8.5. Nos seguintes días elaborarase unha relación de persoas seleccionadas atendendo aos seguintes criterios: 
- En primeiro lugar aquelas persoas solicitantes que sexan emigrantes galegas, de quedar vacantes os fillos e fillas destas persoas e así sucesivamente até o terceiro grao de parentesco. 
- O criterio de prelación sería dentro de cada un dos graos o de maior idade dentro de cada grupo, e de ter a mesma idade, a letra do primeiro apelido empezando pola elixida no sorteo que anualmente efectúa a Xunta de Galicia.

Resolución para o sorteo anual:

  • Picar aquí para acceder acceder á web do D.O.G.
  • Picar aquí para descargar o pdf do D.O.G.
CONECTA CON GALICIA 2019
Listaxes definitivas de solicitudes admitidas e excluídas
(Actividades ao aire libre)
País Listado Data de publicación
Arxentina Descargar 7 de xuño de 2019
Brasil Descargar 7 de xuño de 2019
Cuba Descargar 7 de xuño de 2019
México Descargar 7 de xuño de 2019
Uruguai Descargar 7 de xuño de 2019
Venezuela Descargar 7 de xuño de 2019

 

NOTA: Nos próximos días publicaranse os listados de seleccionados/as e reservas.

Data de publicación: 
07.06.2019