Programa de axudas para a participación no Programa “Conecta con Galicia”, Actividades de Aire Libre no ano 2019

Listen to this page using ReadSpeaker
3200 lecturas
Información do programa “Conecta con Galicia”, actividades de aire libre dirixidas a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegas e galegos e que residan no exterior e formularios para a inscrición.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca para o ano 2019 o programa de axudas para a participación no programa Conecta con Galicia dirixido a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de persoas emigrantes galegas e que residan no exterior.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
20.03.2019
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto: Facilitar á mocidade da Galicia exterior o contacto coa realidade galega e o encontro cos/coas seus/súas familiares.

Requisitos esenciais dos/as participantes: mozos e mozas de entre 15 e 20 anos, residentes habituais fóra de Galicia, nacidos/as en Galicia ou descendentes de persoas emigrantes galegas e con nacionalidade española. Os/as maiores de 18 anos acreditarán a súa vinculación cun concello galego no censo electoral de residentes ausentes.

Número de prazas convocadas e características - Actividades de aire libre:
Convócanse 174 prazas, con idades comprendidas entre os 15 e os 20 anos, no mes de xullo, co seguinte programa: 

a) “Cultura e camiño”, os/as participantes aloxaranse cinco días, preferentemente, nas residencias xuvenís LUG II en Lugo e Florentino López Cuevillas en Ourense, participarán en actividades para coñecer o Patrimonio Histórico Cultural das respectivas zonas e percorrerán a pé o Camiño de Santiago en diferentes etapas ata chegar a Compostela.

b)“O mar de Galicia”, os cinco días restantes aloxaranse en zona de costa, preferentemente, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), onde realizarán actividades de náutica, de recreo e de coñecemento do medio mariño.

Nestas 174 prazas inclúense 14 prazas para residentes no resto de España (excepto Galicia), e 6 para residentes no resto de Europa.

Financiamento: 
Este Programa cubre a totalidade dos gastos de aloxamento, manutención e desprazamentos en Galicia. Os custos dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia financiaranse ao 100%, ao 50% ou ao 0%, segundo o establecido na resolución. Aquelas persoas participantes que opten polo financiamento do 0% deberán aboar elas todo o custo dos billetes de ida e volta desde os países de orixe a Galicia.

Prazas actividades ao aire libre 2019  (15-17 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 14 15 29 13 12 4 29
Brasil - 5 5 3 1 1 5
Cuba - - 0 - - - 0
Uruguai 17 2 19 10 6 3 19
Venezuela - 9 9 9 - - 9
Resto de América 3 3 6 3 2 1 6
Resto de España 2 2 4 - - 4 4
Resto de Europa 1 1 2 - 1 1 2
TOTAIS 37 37 74 38 22 14 74


 

Prazas actividades ao aire libre 2019  (18-20 anos)
PAÍS Quendas Financiamento
1ª quenda 2ª quenda Total 100% 50% 0% Total
Arxentina 19 15 34 17 13 4 34
Brasil 3 4 7 4 2 1 7
Cuba - 7 7 7 - - 7
Uruguai 10 4 14 10 3 1 14
Venezuela 5 13 18 18 - - 18
Resto de América 4 2 6 2 2 2 6
Resto de España 5 5 10 - - 10 10
Resto de Europa 2 2 4 - 2 2 4
TOTAIS 48 52 100 58 22 20 100

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DE SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede electrónica

 

Outra documentación para descargar:

Lugar de presentación das solicitudes:

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado accesible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
    As persoas solicitantes que non posúan certificado electrónico e así o desexen poderán dirixirse ás entidades colaboradoras que se indican a seguir, nas que existen persoas habilitadas para o efecto, para a presentación electrónica das súas solicitudes: 
    * En Arxentina: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Buenos Aires
    * En Uruguai: 
    Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
    * En Brasil: 
    – Peña Gallega da Casa de España de Río de Janeiro. 
    – Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mutuos e Instrucción de São Paulo. 
    – Sociedad de Socorros Mutuos y Beneficencia Rosalía de Castro en Santos. 
    * En Cuba: 
    – Federación de Sociedades Gallegas en La Habana. 
    * En Venezuela: 
    – Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas. 
  2. Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
  3. Na súa solicitude, as persoas interesadas farán constar a súa preferencia para o regreso en función da quincena en que vaian participar. 
Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
22.04.2019