Seleccionados/as e reservas do programa de axudas para a participación no programa “Conecta con Galicia” 2019 - Actividades de Aire Libre
Publicación dos listados de persoas seleccionadas e reservas do programa de axudas para a participación no programa "Conecta con Galicia", Actividades ao aire libre, (Resolución do 4 de marzo de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG Nº 55 do 20 de marzo) como resultado da aplicación dos criterios recollidos no punto 5 do artigo 8 da citada resolución de convocatoria daquelas prazas nas que o número de solicitudes admitidas supera ao número de prazas convocadas para cada país, dentro do tramo de idade e tipo de financiamento.
De acordo co artigo 8.5 (parágrafo 4º) da convocatoria, as persoas interesadas que queiran modificar as datas de retorno, disporán de 3 días hábiles para modificalas, por escrito, ata o 17 de xuño incluído), tendo en conta que aqueles/as beneficiarios/as que desexen quedar en Galicia deben ter familiares nesta comunidade autónoma e ter presentado o anexo correspondente.
NOTA ACLARATORIA SOBRE AS DATAS DE RETORNO:
- Retorno 1: solicitantes que desexan regresar ao rematar a actividade.
- Retorno 2: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente 15 días coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade.
- Retorno 3: Solicitantes que desexan quedar aproximadamente un mes coa súa familia en Galicia, logo de rematar a actividade.
As peticións de cambios de retorno teñen que presentalas a través de correo electrónico no enderezo electrónico accion.social.emigracion@xunta.es facendo constar no escrito, no caso de quedarse en Galicia, o nome, enderezo e teléfono dos/as familiares cos/coas que se queda.
Na listaxe de persoas seleccionadas indícase o país de procedencia do/a participante, os seus apelidos e nome, o tipo de financiamento e a quenda na que participa e o retorno elixido na solicitude.
| Listados de seleccionados/as Conecta con Galicia 2019 |
||
|---|---|---|
| País | 15-17 anos | 18-20 anos |
| Arxentina | Descargar | Descargar |
| Brasil | Descargar | Descargar |
| Cuba | Descargar | |
| México | Descargar | |
| Uruguai | Descargar | Descargar |
| Venezuela | Descargar | Descargar |
As reservas segundo o país, tramo de idade e financiamento expóñense a continuación ordenadas por número de reserva:
| Listados de reservas Conecta con Galicia 2019 |
||
|---|---|---|
| País | 15-17 anos | 18-20 anos |
| Arxentina | Descargar | Descargar |
| Cuba | Descargar | |
| Uruguai | Descargar | Descargar |
| Venezuela | Descargar | |
Informacións complementarias de interese para o programa Conecta con Galicia:
- CIRCULAR INFORMATIVA: picar aquí para descargar
- RECOMENDACIÓNS XERAIS PARA OS/AS PARTICIPANTES: picar aquí para descargar
- MATERIAL E EQUIPAMENTO RECOMENDABLE: picar aquí para descargar
- NORMAS DE RÉXIME INTERNO: picar aquí para descargar
- PROGRAMACIÓN DA ACTIVIDADE 'CULTURA E CAMIÑO': picar aquí para descargar
- INFORMACIÓN DOS ALBERGUES: picar aquí para descargar
Reunións informativas para os/as participantes da Arxentina e Uruguai:
- Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires (Bartolomé Mitre 2550, CABA - C1039AAP), o martes 25 de xuño ás 17:45 h.
- Uruguai: Casa de Galicia de Montevideo (18 de Julio 1471 B / esq. Vázquez - 11200 Montevideo), o luns 24 de xuño ás 16:45 h.



