«18 Comidas - 18 Meals», na 7ª edición do Galician Film Forum de Londres

Listen to this page using ReadSpeaker
1219 lecturas

O venres 10 de novembro ás 19:00 h, no Edmond J. Safra Lecture Theatre do King's College de Londres, terá lugar a sétima sesión do Galician Film Forum, na que se proxectará a longametraxe 18 Comidas - 18 Meals, (2010), filme dirixido por Jorge Coira.

  • 18 Comidas, (107'), gañadora de sete premios Mestre Mateo, é unha comedia rodada en Santiago de Compostela e protagonizada -entre outros/as- por Luis Tosar,  Esperanza Pedreño,  Víctor Clavijo,  Sergio Peris Mencheta, María Vázquez ou Pedro Alonso etc., que conta seis historias, coa comida como punto común entre elas
  • O filme proxéctase na súa versión orixinal en galego e castelán, con subtítulos en inglés
  • Ao final da proxección haberá unha charla con membros do equipo que fixo a película

Entradas (de balde, pero é preciso reservar): www.eventbrite.co.uk

Máis info: na web galicianfilmforum.galfacebook e Twitter

Nota: o Galician Film Forum é unha organización sen ánimo de lucro, e todas as súas proxeccións son de balde. Porén, conta cunha serie de gastos fixos que debe cubrir -como o pagamento de taxas polos filmes que se exhiben-, e agradece todas as doazóns que se fagan antes e despois da proxección.

«18 Comidas - 18 Meals», na 7ª edición do Galician Film Forum de Londres
Evento: 
Proxección
Organiza: 
Galician Film Forum - GFF
Data: 
10.11.2017
Hora: 
19:00
Lugar:
King's College London - Edmond J. Safra Lecture Theatre
Strand Campus
Londres - WC2R 2LSLondon
Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Aula de lingua e cultura galegas 2024 - Aula GaliciaAberta
16.01.2024, 23.01.2024, 30.01.2024, 06.02.2024, 13.02.2024, 20.02.2024, 27.02.2024, 05.03.2024, 12.03.2024, 19.03.2024, 26.03.2024, 02.04.2024, 09.04.2024, 16.04.2024, 23.04.2024, 30.04.2024, 07.05.2024, 14.05.2024