«18 Comidas - 18 Meals», na 7ª edición do Galician Film Forum de Londres
O venres 10 de novembro ás 19:00 h, no Edmond J. Safra Lecture Theatre do King's College de Londres, terá lugar a sétima sesión do Galician Film Forum, na que se proxectará a longametraxe 18 Comidas - 18 Meals, (2010), filme dirixido por Jorge Coira.
- 18 Comidas, (107'), gañadora de sete premios Mestre Mateo, é unha comedia rodada en Santiago de Compostela e protagonizada -entre outros/as- por Luis Tosar, Esperanza Pedreño, Víctor Clavijo, Sergio Peris Mencheta, María Vázquez ou Pedro Alonso etc., que conta seis historias, coa comida como punto común entre elas
- O filme proxéctase na súa versión orixinal en galego e castelán, con subtítulos en inglés
- Ao final da proxección haberá unha charla con membros do equipo que fixo a película
Entradas (de balde, pero é preciso reservar): www.eventbrite.co.uk
Máis info: na web galicianfilmforum.gal, facebook e Twitter
Nota: o Galician Film Forum é unha organización sen ánimo de lucro, e todas as súas proxeccións son de balde. Porén, conta cunha serie de gastos fixos que debe cubrir -como o pagamento de taxas polos filmes que se exhiben-, e agradece todas as doazóns que se fagan antes e despois da proxección.

Evento:
Proxección
Organiza:
Galician Film Forum - GFF
Data:
10.11.2017
Hora:
19:00
Lugar:
King's College London - Edmond J. Safra Lecture Theatre
Strand Campus
Londres - WC2R 2LSLondon Reino Unido
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: