A residencia xuvenil Florentino López Cuevillas acolle a 60 mozos e mozas participantes no programa Conecta con Galicia

Chegan desde países da América Latina, Europa e tamén de España.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe aos integrantes do campamento que se desenvolve na capital.

Durante seis días, os participantes, descendentes de galegos emigrados, levarán a cabo actividades destinadas a coñecer de primeira man o Camiño de Santiago e a cultura ourensá.

  • O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe aos integrantes do campamento que se desenvolve na capital
    O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe aos integrantes do campamento que se desenvolve na capital
  • O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe aos integrantes do campamento que se desenvolve na capital
    O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, visitou hoxe aos integrantes do campamento que se desenvolve na capital
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 21 de xullo de 2014.

A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, desenvolve ‘Conecta con Galicia’, un programa rotatorio de convivencia entre rapaces e rapazas galegos e da Galicia exterior. A iniciativa ten como obxectivo fornecer as ligazóns que relacionan a mozos e mozas coa terra dos seus familiares, brindándolles a oportunidade de coñecer de primeira man a realidade galega de xeito lúdico a través de experiencias nas que eles sexan os protagonistas. Para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron en Galicia.

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, destacou o traballo do Goberno autonómico na programación desta actividade que “contribúe a que os mozos e mozas dos galegos emigrados coñezan a cultura e a terra dos seus familiares, nun entorno novo para moitos deles”.

Percorrido pola cultura galega
Rogelio Martínez, acompañado do xefe territorial da Consellería de Traballo e Benestar, José Selas, visitou hoxe as instalacións da residencia xuvenil Florentino López Cuevillas”, onde recibiu aos 60 mozos e mozas que participarán na primeira quenda das dúas que conforman o programa, titulada co epígrafe “Cultura e Camiño”.

Os participantes son descendentes de galegos en América Latina, Europa e España. Deste xeito, o campamento ourensán estará integrado por 16 rapaces arxentinos, 12 venezolanos, 5 uruguaios, 2 alemáns, 2 brasileiros, e 1 integrante dos países de Chile e Perú, que convivirán durante seis días con outros 22 mozos galegos. Aquí participarán en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural da zona de Ourense, e percorrerán o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela.

A segunda quenda- que recibe o nome de “O mar de Galicia”-, será tamén de seis días de duración e desenvolverase no albergue xuvenil de Gandarío, en Bergondo (A Coruña), onde se realizarán actividades de náutica, de lecer e de coñecemento do medio mariño.

1448 lecturas