Miranda recibe ás e aos primeiros participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, que fai posible que 190 descendentes de persoas galegas en América Latina, Europa e España convivan con 80 mozas e mozos residentes na comunidade

A iniciativa desenvólvese en dúas modalidades, unha de actividades ao aire libre e outra en campos de traballo.

  • O secretario xeral da Emigración achegouse esta mañá ao aeroporto compostelán de Lavacolla para recibir aos primeiros mozos e mozas participantes en 'Conecta con Galicia' 2014
    O secretario xeral da Emigración achegouse esta mañá ao aeroporto compostelán de Lavacolla para recibir aos primeiros mozos e mozas participantes en "Conecta con Galicia" 2014
  • O secretario xeral da Emigración achegouse esta mañá ao aeroporto compostelán de Lavacolla para recibir aos primeiros mozos e mozas participantes en 'Conecta con Galicia' 2014
    O secretario xeral da Emigración achegouse esta mañá ao aeroporto compostelán de Lavacolla para recibir aos primeiros mozos e mozas participantes en "Conecta con Galicia" 2014
  • O secretario xeral da Emigración achegouse esta mañá ao aeroporto compostelán de Lavacolla para recibir aos primeiros mozos e mozas participantes en 'Conecta con Galicia' 2014
    O secretario xeral da Emigración achegouse esta mañá ao aeroporto compostelán de Lavacolla para recibir aos primeiros mozos e mozas participantes en "Conecta con Galicia" 2014
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2014.

As e os primeiros participantes do programa ‘Conecta con Galicia’, iniciativa da Secretaría Xeral da Emigración en colaboración coa Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, chegaron xa a Galicia, onde foron recibidos polo titular do primeiro departamento, Antonio Rodríguez Miranda, e onde terán oportunidade de coñecer de primeira man a realidade galega, e atoparse coas súas familias.

‘Conecta con Galicia’ é un programa que ten como obxectivo fornecer esas ligazóns que relacionan a estas mozas e mozos coa terra das e das súas familias e que, en moitas ocasións, senten como propia ao mesmo ou superior nivel dos países onde naceran. A iniciativa, para moitos deles e delas, supón a primeira posibilidade de coñecer fisicamente a terra das e dos seus devanceiros, e as xeracións da familia que quedaron na Galicia territorial.

Así, o programa permitirá que 190 descendentes de cidadás e cidadáns galegos poidan coñecer a realidade da mocidade galega a través da convivencia e das experiencias que lles acheguen as actividades previstas, e sobre todo da convivencia persoal e humana coas e cos seus coetáneos desta parte do océano.

Actividades de aire libre
‘Conecta con Galicia’ desenvolvese en dúas modalidades. A primeira delas son actividades de aire libre, modalidade da que se beneficiarán 170 mozos e mozas galegos residentes fóra de Galicia, distribuídos en dous grupos de idade, de 14 a 17 anos e de 18 a 20 anos. Compartirán con mozos e mozas residentes en Galicia, en dúas quendas de doce días, do 1 ao 12 de xullo e do 15 ao 26 de xullo, as residencias e albergues xuvenís situados en Galicia e dependentes da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, da Consellería de Traballo e Benestar.

Nestas instalacións  realizarán dúas actividades, de seis días cada unha. Durante a primeira, denominada “Cultura e Camiño”, as e os participantes aloxaranse nas residencias xuvenís Lug II de Lugo, e Florentino López Cuevillas de Ourense, onde participarán en actividades dirixidas a coñecer o patrimonio histórico cultural das respectivas zonas, e percorrerán o Camiño de Santiago en varias etapas ata o destino final en Compostela. O segundo grupo de actividades, tamén de seis días de duración, desenvólvese baixo o paraugas do epígrafe “O mar de Galicia”, no albergue xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña) onde realizarán actividades de náutica de lecer e de coñecemento do medio mariño.

Campos de traballo
A segunda modalidade son os campos de traballo, para os que se teñen convocado 20 prazas, para participantes con idades comprendidas entre os 20 e 30 anos. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de formación, de lecer e tempo libre.

Solicitantes
Neste ano recibíronse 330 solicitudes para este programa. Foron Arxentina, con 188 solicitudes, e Uruguai, con 71, os países que mais o demandaron. Unha vez aplicado o baremo establecido na resolución da convocatoria, vanse beneficiar da mesma 2 rapaces de Alemaña, 80 de Arxentina, 10 de Brasil, 1 de Chile, 3 de Cuba, 2 de España, 2 de México, 1 de Perú, 1 de Portugal, 55 de Uruguai, e 18 de Venezuela.

1507 lecturas