Concurso de Debuxo e Pintura "Un mundo de cor"

Listen to this page using ReadSpeaker
15 de abril de 2011.

  • Organiza: A Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Destinatarios e categorías: Alumnado de Educación Primaria e Secundaria Obrigatoria (ESO) dos centros escolares públicos, concertados e privados de Galicia:

      -1ª categoría: 1º, 2º e 3º Primaria
      -2ª categoría: 4º, 5º e 6º Primaria
      -3ª categoría: ESO

  • Tema: Os traballos reflectirán temas relacionados coa convivencia intercultural, así como cos costumes, usos, vestimenta, folklore, etc. das persoas procedentes de diferentes países que viven en Galicia.
  • Técnica: Poderán realizarse con calquera material, técnica e soporte e en calquera tamaño.
  • Prazo de presentación: Achegaranse á Secretaría Xeral da Emigración, a través da Dirección dos centros escolares ata o 23 de maio de 2011.
  • Premios: O fallo do concurso farase público no mes de xuño e os premios (3 por categoría) entregaranse no 1º trimestre do curso escolar 2011-2012.
  • Máis información:

      -Nota informativa (picar aquí para descargar)

      -Bases do concurso (picar aquí para descargar)

      -Secretaría Xeral da Emigración. Enderezo electrónico: inmigracion.retorno@xunta.es

      -Web de información: www.galiciaaberta.com

 

1843 lecturas