Participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutaron dunha visita a Ourense
Participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutaron dunha visita a Ourense.

As persoas participantes do programa Reencontros con Galicia 2026 aloxadas na residencia do Carballiño puideron desfrutar onte dunha visita a Ourense, onde percorreron os lugares máis emblemáticos da cidade, desde As Burgas ata a Praza Maior, pasando pola Catedral de San Martiño.
Na residencia de tempo libre do Carballiño, da Xunta de Galicia, atópanse estes días a metade dos máis de 200 participantes desta nova edición do programa impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, os cales chegaron a semana pasada a Galicia para percorrer a comunidade ata o próximo sábado.
Provenientes da Arxentina, O Brasil, Venezuela, Cuba, O Uruguai e O Perú, trátase de residentes galegos no exterior maiores de 65 anos que regresan temporalmente a Galicia para reencontrarse coas súas raíces e visitar aos seus familiares.
Novas relacionadas