Participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutaron dunha visita a Ourense

  • Participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutaron dunha visita a Ourense.
    Participantes do programa “Reencontros con Galicia” desfrutaron dunha visita a Ourense.

Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 13 de outubro de 2026.

As persoas participantes do programa Reencontros con Galicia 2026 aloxadas na residencia do Carballiño puideron desfrutar onte dunha visita a Ourense, onde percorreron os lugares máis emblemáticos da cidade, desde As Burgas ata a Praza Maior, pasando pola Catedral de San Martiño.

Na residencia de tempo libre do Carballiño, da Xunta de Galicia, atópanse estes días a metade dos máis de 200 participantes desta nova edición do programa impulsado pola Secretaría Xeral da Emigración, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade, os cales chegaron a semana pasada a Galicia para percorrer a comunidade ata o próximo sábado.

Provenientes da Arxentina, O Brasil, Venezuela, Cuba, O Uruguai e O Perú, trátase de residentes galegos no exterior maiores de 65 anos que regresan temporalmente a Galicia para reencontrarse coas súas raíces e visitar aos seus familiares.

32 lecturas