Miranda destaca a especial relación entre “El Camino de Brochero” e o Camiño de Santiago como símbolo da importancia da galeguidade no país

O secretario xeral da Emigración reuniuse co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e visitou o Centro de Interpretación “El Camino de Brochero”.

A reunión celébrase no marco do convenio de colaboración que permitiu á provincia arxentina desenvolver o "Camino del Cura Brochero".

Na actualidade residen na Arxentina preto de 200.000 galegos e galegas, que supoñen o 35% das persoas españolas residentes no país.

  • Reunión do secretario xeral da Emigración co gobernador de Córdoba e visita ao Centro “El Camino de Brochero
    Reunión do secretario xeral da Emigración co gobernador de Córdoba e visita ao Centro “El Camino de Brochero

Listen to this page using ReadSpeaker
Córdoba (Arxentina), 10 de outubro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a especial relación que teñen o Camino de Brochero e o Camiño de Santiago, así como a importancia de seguir reforzando eses vínculos.

Así o fixo esta tarde na reunión que mantivo co gobernador de Córdoba, Martin Llaryora, e posteriormente na visita que realizou ao Centro de Interpretación El Camino de Brochero, onde foi acompañado polo comisario do Xacobeo 2027, Marcos Gómez Román, e polo delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro López Dobarro.

O secretario xeral e o comisario do Xacobeo reuníronse co gobernador no marco do convenio de colaboración que permitiu á provincia arxentina desenvolver o Camino del Cura Brochero (primeiro santo arxentino), co apoio técnico de Galicia. Ademais, foi declarado Patrimonio Cultural Inmaterial da Arxentina o pasado mes de agosto. O encontro ten lugar nunha ocasión moi especial, a un mes da visita do Papa León XIV á provincia.

O centro El Camino de Brochero é un espazo dedicado a coñecer a vida, a obra e o legado do Cura Gaucho e que serve como punto de partida para descubrir El Camino de Brochero, unha proposta de turismo cultural e relixioso que percorre diferentes lugares vinculados á vida do santo, e que ten moita conexión co mundo das peregrinacións e co Camiño de Santiago.

O secretario xeral quixo resaltar tamén a importancia que ten para Galicia a comunidade galega no país arxentino. Na actualidade residen na Arxentina preto de 200.000 galegos e galegas, que supoñen o 35% das persoas españolas residentes no país.

64 lecturas