Miranda mostra en Caracas a proximidade e a colaboración do Goberno galego cos afectados polo sismo do pasado mes de xuño

O secretario xeral da Emigración visitou a oficina de atención social da Hermandad Gallega de Venezuela e reuniuse coas persoas afectadas polo terremoto que recibirán as axudas de emerxencia social e extraordinarias.

A Xunta xa aportou 300.000 euros de axudas específicas para axudar aos afectados polo terremoto.

O crédito da liña de apoios específica para esta emerxencia é de 500.000 euros e aínda poden solicitarse ata o 1 de decembro.

A través dos diferentes programas sociais e culturais, a Secretaría Xeral da Emigración chega cada ano a 23.000 galegos e galegas residentes en Venezuela.

  • Miranda mostra en Caracas a proximidade e a colaboración do Goberno galego cos afectados polo sismo do pasado mes de xuño.
    Miranda mostra en Caracas a proximidade e a colaboración do Goberno galego cos afectados polo sismo do pasado mes de xuño.

Listen to this page using ReadSpeaker
Caracas (Venezuela), 23 de setembro de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mostrou esta mañá a proximidade e a colaboración do Goberno galego coas persoas afectadas polo sismo do pasado mes de xuño en Venezuela. 

Así o fixo na Hermandad Gallega de Venezuela, en Caracas. Alí, o secretario xeral visitou primeiro a oficina de atención social, e despois participou na entrega aos seus beneficiarios das axudas de emerxencia, das extraordinarias con motivo do sismo e das axudas económicas individuais. 

No encontro, o secretario xeral reafirmou o compromiso da Xunta de atender a todos os galegos que teñan necesidade, “estean onde estean”, puxo en valor a importancia da fortaleza da comunidade galega no país para “asegurarse de que ninguén estea sen axuda” e salientou que os galegos e as galegas do exterior sempre van ter o apoio do Goberno autonómico cando o precisen.

Ademais, Miranda puxo en valor a importancia de que as administracións públicas estean preto dos cidadáns, “e máis daqueles que máis o precisan”. E salientou a importancia das oficinas de atención social das diferentes entidades galegas en Venezuela para poder atender a todo o mundo o mellor e o máis rápido posible.

A través das diferentes liñas de axudas e programas sociais e culturais, a Secretaría Xeral da Emigración chega cada ano a 23.000 galegos e galegas residentes en Venezuela. Xa foron concedidas 75 axudas de 4.000 euros cada unha da liña extraordinaria para persoas galegas residentes en Venezuela afectadas polo terremoto, cun valor total de 300.000 euros. O crédito desta liña é de 500.000 euros, e as solicitudes poden presentarse aínda ata o 1 de decembro deste ano.

308 lecturas