Miranda reafirma o apoio da Xunta á nova etapa do Centro Galego do Perú

Miranda reafirma o apoio da Xunta á nova etapa do Centro Galego do Perú.
Miranda reafirma o apoio da Xunta á nova etapa do Centro Galego do Perú.
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2026.

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, mantivo un encontro de traballo con Paola Chávez, secretaria do Centro Galego do Perú, para coñecer a evolución da entidade e continuar avanzando nas vías de colaboración coa Xunta de Galicia. Durante a reunión analizáronse as iniciativas que o Centro está a impulsar para consolidar a súa actividade cultural e social, así como novas propostas orientadas a fortalecer a presenza da cultura galega no país andino e a estreitar os lazos coa colectividade galega residente no Perú.

Miranda destacou o esforzo e a ilusión da nova directiva por impulsar esta nova etapa da entidade e reiterou o compromiso da Xunta de acompañar este proceso de recuperación. O secretario xeral sinalou que "o Centro Galego do Perú ten un importante papel como punto de encontro da colectividade e como embaixador da nosa cultura", subliñando que a colaboración entre a Xunta e as entidades galegas do exterior é fundamental para manter viva a identidade galega e reforzar os vínculos entre Galicia e a súa diáspora.
 

72 lecturas